Saltar ao contido

Moema Libera Viezzer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Moema Libera Viezzer, nada en Caxias do Sul (Rio Grande do Sul) en 1938, é unha escritora, socióloga e activista feminista brasileira.[1]

Traballou en proxectos educativos na rexión nordeste do Brasil. Estivo exiliada durante o réxime militar. Entre 1973 e 1974 traballou no Perú, Inglaterra e México. Trala proclamación da amnistía de 1977 volveu ao Brasil, e en 1980 fundou a Rede Mulher de Educação.[2]

A súa obra principal é Se Me Deixam Falar - Domitila (1976), baseada na historia real da activista feminista e traballadora boliviana Domitila Barrios de Chungara. Coñecéraa en 1975, durante os actos do Ano Internacional da Muller en México.[3]

En 2007 recibiu o Diploma Bertha Lutz do Senado brasileiro. Foi unha das 52 mulleres brasileiras incluídas na candidatura de 1000 mulleres ao Premio Nobel da Paz de 2005.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Se Me Deixam Falar" - Moema Viezzer[Ligazón morta]. Causa Operária online
  2. Associad@s-Educador@s Arquivado 06 de abril de 2012 en Wayback Machine.. Rede Mulher de Educação
  3. Joao. "Domitila Barrios de Chungara: uma ícone latino-americana. Entrevista especial com Moema Viezzer". www.ihu.unisinos.br (en portugués). Consultado o 2022-07-08. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]