Moeda de 10 francos Mathieu
10 francos Mathieu [1][2] | |
---|---|
A/: Mapa de Francia coas iniciais RF entrelazadas no centro. Sinatura do gravador (Mathieu). Data e marcas de ceca no exergo.
Lendas: RÉPUBLIQUE • FRAÇAISE |
R/: guindastres, torres e edificios. Valor facial nunha fita central horizontal.
Lendas: 10 FRANCS |
|
Os 10 francos Mathieu son unha moeda francesa de cuproníquel-aluminio con valor facial de dez francos franceses emitida entre 1974 e 1987, con carácter circulante, chamada así por estar deseñada polo artista francés George Mathieu.[1][2]
Moeda circulante[editar | editar a fonte]
Mathieu escolleu como motivo do anverso o mapa estilizado, radiante e con estrelas arredor da capital, París, cun monograma composto polas iniciais RF ("République Française") no medio e rodeado por unha inscrición co nome do país. No exergo, a ambas as beiras da data, engádense como marcas de ceca unha cornucopia e un golfiño.[1][2]
No reverso amósase un conxunto de guindastres, torres, cables, estruturas e edificios a modo de representación estilizada da Francia industrial.[1][2]
O canto é liso e coa inscrición LIBERTE EGALITE FRATERNITE, intercalada cunha póla de loureiro, outra de oliveira e unha espiga. Este canto achégalle á moeda unha peculiaridade, xa que nalgunhas moedas se pode ler correctamente co anverso cara a arriba e noutras co reverso cara a arriba.[1][2]
Existe unha variante da moeda, á parte do seu modelo estándar, emitida unicamente no primeiro ano (1974). Trátase dunha tiraxe reducida a 7.300 exemplares, cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate, na que se inscribiu a palabra ESSAI en letras pequenas no campo do reverso, no cuarto superior esquerdo.[3]
Tiraxes anuais[editar | editar a fonte]
|
|
|
Emisións especiais noutros metais[editar | editar a fonte]
Ademais da súa emisión ordinaria, destinada á súa posta en circulación, existen outras diversas versións desta moeda con tiraxes moi reducidas, con idéntico deseño e cuñadas en metais diferentes, algunhas delas tamén en verión piéfort, é dicir co dobre de grosor e de peso.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094