Miguel Iglesias
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
- Para o ex-presidente do Perú véxase Miguel Iglesias Pino de Arce.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1984 (39 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Altura | 188 cm |
Actividade | |
Ocupación | modelo |
Lingua | Lingua castelá |
Miguel Iglesias Sánchez, nado en Ourense o 18 de outubro de 1984, é un modelo galego de nivel internacional.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Logo de estudar e pasar a infancia en Ourense, marchou aos Estados Unidos, onde viviu e estudou nos estados de Mississippi e Hawai. Despois marchou para Barcelona para estudar mercadotecnia, onde foi contratado por unha axencia de modelos. Ese mesmo ano realizou o seu primeiro pase en Milán.
Traballa fundamentalmente entre Milán e Nova York, onde foi a imaxe da campaña principal de Armani para 2008. Tamén ten traballado para Calvin Klein, Versace, Dolce & Gabbana ou Louis Vouitton.