Maria Lea Pedini Angelini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria Lea Pedini Angelini
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Cidade de San Marino Editar o valor em Wikidata
Capitán Rexente de San Mariño
1 de abril de 1981 – 1 de outubro de 1981
Member of the Grand and General Council of San Marino (en) Traducir
1978 – 1988
Embaixador
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSan Marino Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Boloña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , diplomática Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Democrata Cristão de San Marino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Premios

Maria Lea Pedini Angelini, nada en San Marino o 15 de xullo de 1954, é unha política e diplomática sanmarinense. Pertence ao Partido Demócrata Cristián Sanmarinense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse na Facultade de Letras e Filosofía da Universidade de Boloña en 1976, cunha tese sobre a museografía na tradición dos canteiros de San Marino.

En abril de 1981 converteuse na primeira muller en acceder ao cargo de Capitán Rexente de San Marino, xunto a Gastone Pasolini.[1]

Desde 1983 até 2006 foi directora da Oficina de Asuntos Culturais e de Información, no Departamento de Asuntos Exteriores. Máis tarde converteuse en directora do Departamento de Asuntos Europeos.

Desde 1995 é embaixadora de San Marino en Suecia.[2]

En 1998 recibiu do entón Presidente de Italia Óscar Luigi Scalfaro a Orde do Mérito da República Italiana.[3]

En 2005 atopábase entre os socios que refundaron a Sociedade Dante Alighieri en San Marino, que fora disolta en 1974.[4]

Cara a 2007 foi directora xeral do Departamento de Asuntos Exteriores e máis tarde foi embaixadora.[5][6]

En 2016, 35 anos despois do seu nomeamento, foi emitido na súa honra un selo de € 2,55 por parte da Azienda Autonoma di Stato Filatelica e Numismatica.[7][8]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cabaleiro da Orde ó Mérito da República Italiana, Italia, 3 de marzo de 1998. Condecorada polo presidente da república Óscar Luigi Scalfaro,

Notas[editar | editar a fonte]