María Jamardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Jamardo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: MariaJamardoC Editar o valor em Wikidata

María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.[Cómpre referencia]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Salamanca, que completou con cursos de Dereito nesa universidade. Despois especializouse en mercadotecnia, tanto a nivel formativo como profesional, e en 2009 estableceu a súa propia axencia de mercadotecnia e publicidade.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Afiliada a Sociedad Civil y Democracia, encargouse de coordinar a campaña electoral desa formación nas Eleccións autonómicas de 2012, onde o SCD obtivo 16.000 votos. En abril de 2013 foi designada líder da formación en Galicia. Presentouse ás primarias de SCD para substituír o fundador do partido, Mario Conde, e foi elixida presidenta da formación a nivel estatal en setembro de 2013.[1] Non obstante, dimitiu en febreiro de 2014, ante o perigo de inminente disolución do seu partido.[2]

Polémica[editar | editar a fonte]

Famosa por su polemica por la frase en la cual blanquea a los nazis que bombardearon Guernika, en 'Ya son las ocho' sobre Gernika: “Ni el que bombardeaba era malo ni los bombardeados tan buenos".[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Vive a cabalo entre Vigo e Madrid. Ten dous fillos.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María Jamardo asume la presidencia de SCD". scd.es (en castelán). 9 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2014. 
  2. Punzón, Carlos (6 de febreiro de 2014). "Dimite la gallega María Jamardo como presidenta del partido de Mario Conde". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de maio de 2024. 
  3. Méndez, Marcos (6 de abril de 2022). "María Jamardo, en 'Ya son las ocho' sobre Gernika: “Ni el que bombardeaba era malo ni los bombardeados tan buenos”". eldiario.es (en castelán). Consultado o 28 de maio de 2024.