Maceo Baston
Posición | Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 29 de maio de 1976 (48 anos) Corsicana, Estados Unidos |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 104 kg (230 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | H. Grady Spruce (Dallas, Texas) |
Universidade | Michigan (1994–1998) |
NBA Draft | 1998 / Rolda: 2 / Elección: 58 Por Chicago Bulls |
Carreira | 1998–2011 |
Historial de equipos | |
Quad City Thunder (1998–2000) SC Montecatini (2000–2001) Joventut Badalona (2001–2003) Toronto Raptors (2003) Maccabi Tel Aviv (2003–2006) Indiana Pacers (2006–2007) Toronto Raptors (2007–2008) Indiana Pacers (2008–2009) Budivelnyk Kyiv (2010) Obradoiro (2010) Bnei HaSharon (2010–2011) | |
Premios e galardóns | |
2× Campión da Euroliga (2004, 2005) |
Maceo Demond Baston, nado o 29 de maio de 1976 en Corsicana, Texas, é un ex-xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Baston foi seleccionado na 58ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Chicago Bulls, pero non chegou a xogar con eles, así que comezou a xogar coma profesional nos Quad City Thunder da Continental Basketball Association (CBA), onde foi elixido para xogar o All-Star no ano 2000.[1]
O 28 de xullo de 2006, Baston asinou cos Indiana Pacers un contrato de dous anos e 1.8 millóns de dólares, sendo o segundo deles opcional para o xogador. Xogou 47 partidos cos Pacers nos que acadou 3 puntos por encontro. O 11 de xullo de 2007, Baston aceptou unha oferta dos Toronto Raptors por dúas tempadas e 3.8 millóns de dólares.[2] Os Pacers decidiron non igualar a oferta, e Baston converteuse en xogador dos Raptors.[3] O 9 de xullo de 2008, os Pacers ficharon de novo a Baston, nun traspaso que tamén incluíu a Jermaine O'Neal e T.J. Ford.
O 9 de setembro de 2010, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga LEB Ouro.[4] Tras participar en tan só dous partidos, o 14 de outubro de 2010, o Obradoiro decidiu rescindir o contrato do xogador.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "CONTINENTAL BASKETBALL ASSOCIATION 1999-2000". USbasket. Eurobasket. Consultado o 2008-08-12.
- ↑ Raptors sign free agent Baston to 2-year, $3.8M deal 11 de xullo de 2007.
- ↑ Baston heading to Raptors after Pacers don't match offer sheet 18 de xullo de 2007.
- ↑ Maceo Baston, un doble ganador de la Euroliga, para el Obradoiro
- ↑ Maceo Baston rescinde su contrato con Obradoiro
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 20 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en ACB.com (en castelán)
- Nados en 1976
- Nados no condado de Navarro, Texas
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Ala-pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls
- Xogadores do Joventut Badalona
- Xogadores dos Toronto Raptors
- Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores do Obradoiro CAB
- Xogadores do BC Budivelnyk