Luiz Felipe Scolari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuiz Felipe Scolari

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Passo Fundo, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Altura182 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1981), adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaPortugués do Brasil Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1973-1979 Sociedade Esportiva e Recreativa Caxias do Sul (pt) Traducir 67(0)
1980-1980 Esporte Clube Juventude (pt) Traducir
1980-1981 Clube de Regatas do Flamengo
1981-1981 Centro Sportivo Alagoano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
2023- Clube Atlético Mineiro Editar o valor em Wikidata
Participou en
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1528462 FIFA: 183739 Editar o valor em Wikidata

Luiz Felipe Scolari alcumado Felipão, nado o 9 de novembro de 1948 en Passo Fundo, Río Grande do Sur, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol brasileiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois dunha breve carreira como futbolista profesional dedicouse aos bancos, dirixindo a un gran número de equipos tanto do Brasil coma de países coma Kuwait, Xapón ou Arabia Saudita. En xuño de 2001 faise cargo da Selección de fútbol do Brasil por primeira vez, substituíndo no posto a Émerson Leão. Coa canarinha foi campión do Mundial de Corea e o Xapón 2002, porén tras o título renunciou ao cargo.

Ao ano seguinte de deixar o posto foi nomeado seleccionador de Portugal, equipo co que volveu facer moi bo papel, tanto na Eurocopa de 2004 (finalista) coma no Mundial de Alemaña 2006 (semifinalista). Deixou o equipo trala Eurocopa de 2008.

En xuño de 2008 fichou polo Chelsea FC, porén non tivo sorte no equipo inglés e deixou o equipo en febreiro de 2009, fichando a finais dese ano polo FC Bunyodkor da liga uzbeka.

Tras un breve paso polo Palmeiras o 28 de novembro de 2012 volveu ser nomeado adestrador da selección do Brasil de cara ao Mundial do Brasil 2014.

Participacións na Copa do Mundo[editar | editar a fonte]

Mundial Equipo País Pts PX PG PE PP GF GC Dif
2002 Brasil 21 7 7 0 0 18 4 +14
2006 Portugal Portugal 13 7 4 1 2 7 5 +2
2014 Brasil 4 3 2 1 0 3 1 +2
Total nos seus equipos 38 15 12 2 2 28 10 +18

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos rexionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Campionato Alagoano Centro Sportivo Alagoano Brasil 1981
Campionato Alagoano Centro Sportivo Alagoano Brasil 1982
Campionato Gaucho Grêmio Brasil 1987
Campionato Gaucho Grêmio Brasil 1995
Campionato Gaucho Grêmio Brasil 1996
Torneo Río-São Paulo Palmeiras Brasil 2000
Copa Sul-Minas Cruzeiro Brasil 2001

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa Emir Kuwait Qadsia Sporting Club Kuwait 1989
Copa do Brasil Criciúma Brasil 1991
Copa do Brasil Grêmio Brasil 1994
Campionato Brasileiro Grêmio Brasil 1996
Copa do Brasil Palmeiras Brasil 1998
Liga de Uzbekistán Bunyodkor Uzbekistán 2009
Copa do Brasil Palmeiras Brasil 2012

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa de Nacións do Golfo Kuwait Kuwait 1990
Copa Libertadores de América Grêmio Brasil 1995
Recopa Suramericana Grêmio Brasil 1996
Copa Mercosur Palmeiras Brasil 1998
Copa Libertadores de América Palmeiras Brasil 1999
Copa Mundial de Fútbol Brasil Brasil 2002
Copa Confederacións da FIFA Brasil Brasil 2013

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]