José Benito Abraira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1904 Meira, España |
Morte | 6 de setembro de 1987 (83 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Fillos | Carlos Abraira Cela |
José Benito Abraira Feijóo, nado en Meira o 31 de xullo de 1904 e finado en Buenos Aires o 6 de setembro de 1987, foi un comerciante galeguista da Arxentina.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu pai era labrego e canteiro, a súa nai Carmen Feijóo finou en Meira en decembro de 1956.[1] En 1922 marchou a Bos Aires. Traballou no comercio e creou o seu propio establecemento, a xastrería Celta en 1934. Participou no Coro Ultreia, colaborou coa Federación de Sociedades Gallegas escribiu en Céltiga, foi membro da Agrupación A Terra pro Centro Galego de Bos Aires, e integrou a súa Comisión Directiva. Foi secretario da Irmandade Galega. Visitou Galicia no verán de 1950 e contactou cos galeguistas na clandestinidade. Foi vogal do Centro Gallego (1954-1956). En 1956 foi o secretario do Primeiro Congreso da Emigración Galega en América.
Nos últimos anos foi fundador da Asociación Civil Amigos do Idioma Galego de Bos Aires (ADIGAL). A Biblioteca desta Institución leva o seu nome. Tamén colaborou en Pátria Galega. En xuño do 1984 viaxou coa súa dona a Galicia para "denunciar" a inautenticidade que supuña a repatriación dos restos de Castelao.
Finou en Buenos Aires o 6 de setembro de 1987.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Mercedes Cela, e foi pai de Carlos Abraira Cela.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández Santiago, Marcelino Xulio (2000). "Unha visión da actividade dos nacionalistas galegos en 1950 desde Bos Aires". Estudios Migratorios (10).
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- BiografíaArquivado 01 de maio de 2013 en Wayback Machine.