Jaime Ruiz Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJaime Ruiz Álvarez
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1987 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónárbitro de fútbol Editar o valor em Wikidata

Jaime Ruiz Álvarez, nado en Xixón o 22 de febreiro de 1987, é un árbitro de fútbol español, que milita na Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou ao fútbol como porteiro na canteira do Sporting de Gijón e no CODEMA, onde en idade cadete sufriu unha lesión que o obrigou a abandonar a práctica do fútbol.[1] Decidiu entón converterse en árbitro e tras varios anos realizando dita función no fútbol base, na tempada 2006/07 deu o salto á Terceira División, estreándose nun partido entre o Avilés Industrial e o Praviano. Militou durante dúas campañas na categoría, ascendendo para a tempada 2008/09 á Segunda División B, na que estivo outros dous anos, sendo naquel momento o colexiado máis novo da categoría.[1] Tras un breve regreso a Terceira, estableceuse na Segunda B, na que arbitrou durante dez anos consecutivos. En 2021 pasou a dirixir encontros da nova Primeira División RFEF.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Méndez, Eloy (12 de xuño de 2008). "«La polémica da morbo; a los espectadores les gusta saber que te puedes equivocar»" (en castelán). Consultado o 27 de setembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]