Hoplestigmataceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hoplestigmataceae é unha pequena familia de plantas dicotiledóneas que comprende dúas especies nun único xénero, Hoplestigma. Na actualidade está asignada á familia das boragináceas. Son nativos do leste da África tropical.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son árbores con grandes follas, alternas, pecioladas, sinxelas, enteiras, ovadas e coas marxes enteiras. As flores hermafroditas agrúpanse en inflorescencias en cimas terminais. O froito é unha drupa con catro sementes.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Jean Baptiste Louis Pierre e publicado en Bull. Mens. Soc. Linn. Paris 2: 116. 1899.[1] A especie tipo é: Hoplestigma klaineanum Pierre.

Notas[editar | editar a fonte]