Grigori Perelman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGrigori Perelman

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Григорий Яковлевич Перельман Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaKupchino Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt. Petersburg Department of Steklov Institute of Mathematics of Russian Academy of Sciences (en) Traducir - candidato de ciencias en Física e Matemáticas (–1990)
facultade de matemáticas e mecánica da Universidade Estatal de San Petersburgo (1982–1987)
Liceo Físico e Matemático 239 Editar o valor em Wikidata
Director de teseAleksandr Aleksandrov e Yuri Burago Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeometría diferencial, topoloxía, matemáticas, xeometría de Riemann e topoloxía xeométrica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSt. Petersburg Department of Steklov Institute of Mathematics of Russian Academy of Sciences (en) Traducir (–2005)
Universidade de Stony Brook
Instituto Courant de Ciencias Matemáticas
Universidade de California en Berkeley Editar o valor em Wikidata
Interesado enMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAleksandr Aleksandrov Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
Olimpíada Internacional de Matemáticas
Olimpíada Rusa para Estudantes de Matemáticas Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisYakov Perelman Editar o valor em Wikidata  e Lyubov Steingolts Editar o valor em Wikidata
IrmánsElena Perelman Editar o valor em Wikidata
Premios

Grigori Yakovlevich Perelman (en ruso: Григо́рий Я́ковлевич Перельма́н /pɛrɪlˈmɑːn/), nado en Leningrado, hoxe San Petersburgo, (Unión Soviética) o 13 de xuño de 1966 é un matemático ruso que fixo importantes contribucións na xeometría de Riemann e na topoloxía xeral.

En 1994 Perelman demostrou a conxectura de soul. En 2003 demostrou a conxectura da xeometrización de Thurston, o que se confirmou en 2006. Isto levou a resolver afirmativamente a conxectura de Poincaré.

En agosto de 2006, Perelman foi premiado coa medalla Fields[1] pola "súas contribucións á xeometría e a súa revolucionaria perspicacia na estrutura analítica e xeométrica do fluxo de Ricci",[2] mais declinou aceptou o premio indicando: "Non estou interesado no diñeiro ou a fama; non quero ser exhibido como un animal nun zoo".[3] O 22 de decembro de 2006, a revista Science recoñeceu a demostración de Perelman da conxectura de Poincaré como o "descubrimento científico do ano", no que foi o primeiro descubrimento na área das matemáticas que recibía este título.[4]

O 18 de marzo de 2010 anunciouse que Perelman cumpría os criterios para recibir o primeiro premio do milenio[5] pola solución da conxectura de Poincaré. O 1 de xullo rexeitou o premio dun millón de dólares dicindo que a decisión da xunta do Instituto Clay de Matemáticas e o premio eran inxustos e que a súa contribución á resolución da conxectura non era maior cá de Richard S. Hamilton, matemático pioneiro no emprego do fluxo de Ricci para atacar a conxectura.[6][7] Perelman tamén rexeitou o prestixioso premio da Sociedade Europea de Matemáticas.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fields Medals 2006". International Mathematical Union (IMU) - Prizes. Arquivado dende o orixinal o 17-06-2013. Consultado o 30-4-2006. 
  2. En inglés, "his contributions to geometry and his revolutionary insights into the analytical and geometric structure of the Ricci flow"
  3. "Russian maths genius Perelman urged to take $1m prize". BBC News. 24-3-2010. 
  4. Mackenzie, Dana (2006). "Breakthrough of the year. The Poincaré Conjecture—Proved". Science 314 (5807): 1848–1849. PMID 17185565. doi:10.1126/science.314.5807.1848. 
  5. "The Poincaré Conjecture". Arquivado dende o orixinal o 05-07-2014. Consultado o 1-5-2014. 
  6. "Последнее "нет" доктора Перельмана". Interfax. 1-7-2010. Arquivado dende o orixinal o 02-07-2010. Consultado o 1-7-2010. 
  7. Malcolm Ritter (1-7-2010). "Russian mathematician rejects $1 million prize". AP on PhysOrg. Arquivado dende o orixinal o 17-01-2012. Consultado o 15-5-2011. 
  8. "Maths genius declines top prize". BBC News. 22-8-2006. Arquivado dende o orixinal o 15-08-2010. Consultado o 23-04-2017. 
  9. Mullins.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]