Great Chagos Bank

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Great Chagos Bank
Mapa do atol
Datos
País Reino Unido
Illa principal Île Aigle
Linguas Inglés
Poboación (2012) Deshabitado
Superficie 4´5 km²
Superficie lagoa 12.642 km²
Nº de illas 7
Coordenadas 06°10′00″S 72°00′00″L / -6.16667, -72.00000
Maior Altura
Localización
Localización do atol
O great Chagos bank atópase no medio do arquipélago das Chagos. (Clique na imaxe para unha vista máis detallada do mapa).

O Gran Banco de Chagos no Arquipélago Chagos a uns 500 km ao sur das Maldivas é o atol coa estrutura máis grande do mundo, cunha superficie total de 12.642 km² [1] O atol é administrado polo Reino Unido a través do Territorio Británico do Océano Índico.

Illas[editar | editar a fonte]

A pesar do seu enorme tamaño, o Gran Banco de Chagos é en gran parte unha estrutura submarina. Só hai catro arrecifes emerxentes, a maioría localizados no bordo occidental do atol, a excepción da solitaria illa Nelson que se atopa illada no medio da franxa norte. Estes sete ou oito arrecifes individuais son illas baixas e areosas, cunha superficie total de ao redor de 4,5 km². Todas as illas e as súas augas circundantes son unha Reserva Natural Estrita desde 1998.[2] A lonxitude total das extensións orientais e meridionais do banco, así como os arrecifes da zona central están totalmente mergullados.

As illas do Gran Banco de Chagos, comezando en sentido horario desde o sur, son as seguintes:

  • Danger Island (un pouco máis de 2 km de longo de norte a sur, por 1 km de largo, a superficie da terra e de 0,66 km² a vexetación son palmeiras de ata 12 m de alto.
  • Eagle Islands
  • Three Brothers (Tres Irmáns) e Resurgent Islands, con vegetación de altos cocos, zona de terra 0,4 km².
    • Île du Sud (Illa Sur, a máis grande do grupo), 23 ha.
    • Île du Milieu (Illa Media), 8 ha.
    • Illote rochoso sen nome
    • Île du Nord (Illa Norte), 6 ha.
  • Nelson Island 2 km de longo de leste a oeste, por 0,41 km de largo, terra 0,4 km² con vexetación alta (3 m) e tupida.

Cartografía dos arrecifes mergullados[editar | editar a fonte]

O gran banco de Chagos foi por primeira vez estudado polo Comandante Robert Moresby da Indian Navy en 1837, todos os outros mapas que se editaron durane máis dun século e medio baseábanse no seu.[3] Malia que os mapas dos atois formados polos arrecifes emerxidos na súa maioría, como Peros Banhos e Diego García, eran relativamente precisos, a cartografía dos arrecifes mergullados que forman o Gran Banco de Chagos eran todo un reto. A forma real dos arrecifes afundidos só se coñeceu por imaxes satelitais cando chegou a estar dispoñible na última parte do século XX.

Os debuxos orixinais da Hidrográfia de Moresby non coinciden coa forma real dos arrecifes mergullados, especialmente nas zonas onde non había illas emerxentes cerca, como no bordo sueste. Os primeiros estudos hidrográficos na década de 1980 marcaron mapas de navegación das Chagos cunha liña de puntos e a lenda "existencia dubidosa" ata a edición de 1998.[4]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Geosociety[Ligazón morta]
  2. 6: British Indian Ocean Territory
  3. "University of Washington Library - Great Chagos Bank 1890". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  4. British Admiralty nautical chart 11000030 - 3 Chagos Archipelago, Scale 1:360 000

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 6°10′S 72°00′L / -6.167, -72.000