Giovanni Battista Re
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xaneiro de 1934 (90 anos) Brescia |
Decano do Colexio dos Cardeais | |
18 de xaneiro de 2020 – ← Angelo Sodano | |
Cardeal bispo de Ostia | |
18 de xaneiro de 2020 – ← Angelo Sodano Diocese: Diocese de Óstia (pt) | |
Cardinal-bishop of Sabina-Poggio Mirteto (en) | |
1 de outubro de 2002 – Diocese: Diocese de Sabina-Poggio Mirteto (pt) | |
Cardeal presbítero Santos Doze Apóstolos (pt) | |
21 de febreiro de 2001 – | |
Prefect of the Congregation for Bishops (en) | |
16 de setembro de 2000 – 30 de xuño de 2010 | |
Arcebispo católico | |
7 de novembro de 1987 – | |
Arcebispo titular | |
9 de outubro de 1987 – 21 de febreiro de 2001 ← Lucas Moreira Neves (pt) – Marcelo Sánchez Sorondo (pt) → Diocese: Forum Novum (en) | |
Substitute for General Affairs (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Academia Pontificia Eclesiástica Pontificia Universidade Gregoriana |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1987–), sacerdote católico (1957–) |
Membro de | |
Lingua | Lingua italiana |
Consagración | Xoán Paulo II, papa |
Participou en | |
12 de marzo de 2013 | conclave de 2013 |
19 de abril de 2005 | conclave de 2005 |
Premios | |
Giovanni Battista Re, nado en Borno (provincia de Brescia) o 30 de xaneiro de 1934, e un cardeal italiano, prefecto da Congregación para os Bispos entre 2000 e 2010.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi ordenado sacerdote da diocese de Brescia o 3 de marzo de 1957 polo seu bispo, Giacinto Tredici.
O 9 de outubro de 1987 foi nomeado secretario da Congregación para os Bispos, e arcebispo titular de Forum Novum. Recibiu a ordenación episcopal o 7 de novembro de 1987 de mans do papa Xoán Paulo II.
O 12 de decembro de 1989 foi nomeado oficial do Secretariado de Estado da Santa Sé. O 16 de setembro de 2000 foi nomeado Prefecto da Congregación para os Bispos e Presidente da Comisión Pontificia para América Latina, e no consistorio do 21 de febreiro de 2001 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santi XII Apostoli.
O 1 de outubro de 2002 foi elevado ao rango de Cardeal-Bispo de Sabina-Poggio Mirteto. O 8 de marzo de 2008 Bieito XVI nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[1]
En 2010 retirouse do cargo de Prefecto da Congregación para os Bispos e de Presidente da Comisión Pontificia para América Latina.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Lucas Moreira Neves |
Prefecto da Congregación para os Bispos 2000 - 2010 |
Sucesor: Marc Ouellet |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Nomina di Membri della Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0165). 8 de marzo de 2008.
Il Santo Padre ha nominato Membri della Congregazione per le Chiese Orientali [...] Giovanni Battista Re [...].