Gennaro Rambone
Gennaro Rambone | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Gennaro Rambone | ||
Nacemento | 1 de abril de 1935 | ||
Lugar de nacemento | Nápoles | ||
Falecemento | 12 de xuño de 2010 | ||
Lugar de falecemento | Nápoles | ||
Posición | Extremo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1952–1956 | Cirio | ||
1956–1959 | Catanzaro | 85 | (26) |
1959–1960 | Napoli | 8 | (1) |
1960–1962 | Catanzaro | 68 | (24) |
1962–1963 | Brescia | 29 | (2) |
1963–1964 | Venezia | 15 | (11) |
1964–1965 | Salernitana | 14 | (5) |
1965–1967 | Matera | 21 | (2) |
Adestrador | |||
1966–1967 | Matera | ||
1967–1969 | Sorrento | ||
1969–1970 | Frosinone | ||
1970–1971 | Viterbese | ||
1971–1972 | Campobasso | ||
1972–1973 | Casertana | ||
1973–1974 | Siracusa | ||
1974–1975 | Catania | ||
1975–1976 | Olbia | ||
1976–1977 | Paganese | ||
1977–1978 | Como | ||
1978–1979 | Paganese | ||
1979–1980 | Catania | ||
1980–1981 | Matera | ||
1981–1982 | Messina | ||
1982–1983 | Napoli | ||
1984–1985 | Padova | ||
1985–1987 | Catania | ||
1988 | Campania Puteolana | ||
1988–1990 | Ischia Isolaverde | ||
1991–1992 | Catanzaro | ||
1995–1996 | Sanità Napoli | ||
1996–1997 | Sorrento | ||
1998–1999 | Casertana | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Gennaro Rambone, nado en Nápoles o 1 de abril de 1935 e finado na mesma cidade o 12 de xuño de 2010, foi un futbolista e adestrador italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nacido no Rione Sanità de Nápoles, militou durante a maior parte da súa carreira na Serie A, xogando como extremo no Catanzaro,[1] no Brescia, no Venezia, na Salernitana e no Matera.[2] Na tempada 1959/60 xogou na Serie A coa camiseta do Napoli, disputando 8 partidos e marcando un gol contra o Bari.[3]
Máis tarde desenvolveu unha carreira como adestrador durante máis de 30 anos, dirixindo numerosos equipos, a maioría deles en categorías modestas.[4] Na Serie B adestrou o Como, o Padova e o Catania, e na campaña 1982/83 foi adestrador xunto con Bruno Pesaola do Napoli, na Serie A.[5] Máis tarde tamén foi preparador físico do Olympique de Marsella.[1]
Despois de deixar os bancos de fútbol, comezou a traballar na televisión, como colaborador no programa deportivo Number Two de Telenapoli 34, e máis tarde na emisión satírica de Rai 2 Artù.
Faleceu o 12 de xuño de 2010, no Hospital Cardarelli de Nápoles, despois de 4 días de hospitalización debido a unha grave insuficiencia respiratoria.[5]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
- Cirio
- Promozione (1): 1952/53.
- IV Serie (1): 1954/55.
- Catanzaro
- Serie C (1): 1958/59.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
- Sorrento
- Serie D (1): 1968/69.
- Promozione (1): 1967/68.
- Campobasso
- Promozione (1): 1971/72.
- Catania
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Carratelli, Mimmo (12 de xuño de 2010). "E’ morto Gennaro Rambone" (en italiano). Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ "Rambone Gennaro". materacalciostory.it (en italiano). Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ "Italy 1959/60". rsssf. (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ "Rambone" (en italiano). Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 "Calcio, Napoli: Morto Rambone, salvo' squadra dalla B nell'83" (en italiano). 12 de xuño de 2010. Consultado o 7 de abril de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do adestrador en Transfermarkt (en inglés).
- Nados en Nápoles
- Nados en 1935
- Finados en 2010
- Futbolistas de Italia
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do FC Catanzaro
- Xogadores do SSC Napoli
- Xogadores do Brescia Calcio
- Xogadores do FBC Unione Venezia
- Adestradores de fútbol de Italia
- Adestradores do Calcio Catania
- Adestradores do Calcio Como 1907
- Adestradores do SSC Napoli