Francisco Martínez González-Bengoechea
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | novembro de 1900 París, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , banqueiro |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Lingua | Lingua castelá |
Francisco Martínez González-Bengoechea, finado en París en novembro de 1900, foi un banqueiro e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Banqueiro en Ribadeo. Militante do Partido Liberal, foi elixido deputado polo distrito de Ribadeo nas eleccións de 1893. Nas eleccións de 1896 volveu presentarse, pero foi derrotado polo candidato conservador Manuel Baamonde Guitián. Volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito nas eleccións de 1898 e 1899. Finou en novembro de 1900, durante unha viaxe a París, debido a febre tifoide.