Félix Candela
Félix Candela Outeriño, nado en Madrid o 27 de xaneiro de 1910 e finado en Durham o 7 de decembro de 1997, foi un arquitecto español, famoso pola creación de estruturas baseadas no uso do paraboloide hiperbólico.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1927 ingresou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, rematando a carreira 1935. Na súa época de estudante é un destacado deportista, gañando o campionato de esquí en 1932 e de rugby en 1934.[1]
Continuou os seus estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando xunto a Eduardo Robles Piquer e Fernando Ramírez de Dampierre. Daquela coñeceu a Eduardo Torroja e as súas técnicas no uso de cubertas de formigón. Grazas a súa tese doutoral recibiu unha bolsa de estudos da Academia en 1936 para ampliar os estudos en Alemaña, pero non chega a ir polo inicio da Guerra Civil española. Formou parte do Exército Popular Republicano. Tras pasar polo campo de Perpiñán, decidiu exiliarse en México.
En 1941 adquiriu a cidadanía mexicana. En Acapulco comezou a súa carreira como arquitecto co deseño dalgunhas casas e hoteis. En 1950 fundou cos tamén arquitectos Fernando Fernández Rangel e Raúl Fernández Rangel a empresa construtora Cubiertas Ala. En 1953 recibiu unha cátedra na Facultade de Arquitectura da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Preside entre os anos 1961 e 1962 a Charles Eliot Norton Lectures na Universidade Harvard. En 1971 trasládase ós Estados Unidos, ocupando unha cátedra na Universidade de Illinois en Chicago, ata 1978, ano no que consegue a cidadanía americana.
Obras destacadas[editar | editar a fonte]
- Hotel e apartamentos en Acapulco, 1940.
- Comedor e discoteca Mambo no Hotel Casino de la Selva en Cuernavaca, Morelos.
- Pabellón de los Rayos Cósmicos en México D.F., 1951.
- Igrexa da Virxe da Medalla Milagrosa en México D.F., 1953.
- Fábrica Celestino Fernández, Colonia Vallejo, México, 1955.
- Capela de San Antonio de las Huertas, Tlacopan, México D.F., 1956.
- Restaurante Los Manantiales en Xochimilco, México D. F. 1957.
- Igrexa de San José Obrero, Monterrey, 1959.
- Igrexa de Nosa Señora de Guadalupe en Madrid, 1963.
- Restaurante do Oceanofráfic de Valencia, 1997.
Obra escrita[editar | editar a fonte]
- En defensa del formalismo y otros escritos, Xarait Ediciones, 1985, 172 páxinas, ISBN 84-85434-29-3
Premios[editar | editar a fonte]
- 1961 Medalla de Ouro da Institution of Structural Engineers de Londres.
- 1961 Premio Augusto Perret da Unión Internacional de Arquitectos.
- 1981 Medalla de Ouro da Arquitectura outorgada polo Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE).
- 1985 Premio Antonio Camuñas de Arquitectura.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Biografía e obras en.stucturae.de
Véxase tamén=[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Félix Candela, arquitecto, Instituto Juan de Herrera, 1994 ISBN 978-84-600-8871-4
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).