Estadio Municipal Reina Sofía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°56′48″N 5°39′58″O / 40.946684789933, -5.6659876322697

Estadio Municipal Reina Sofía
Datos
LocalizaciónSalamanca
Construción
Inauguración2021
Custo1.496.579 €
Estadio
SuperficieHerba natural
Capacidade4.895
PropietarioConcello de Salamanca
LocalíaUnionistas de Salamanca
Real Salamanca Monterrey

O Estadio Municipal Reina Sofía é un estadio de fútbol situado na cidade española de Salamanca. Foi inaugurado no ano 2021 e ten capacidade para 4.895 espectadores.

Disputan nel os seus partidos como locais o Unionistas de Salamanca e o Real Salamanca Monterrey.

Historia[editar | editar a fonte]

Construción[editar | editar a fonte]

Nos terreos do actual estadio existía un campo de fútbol no que xogaba o Real Salamanca Monterrey. Dito club chegou a un acordo co Unionistas de Salamanca para compartir o futuro estadio, cuxos custos serían sufragados principalmente polo Concello de Salamanca.[1][2] As obras comezaron a finais de 2019 e aínda que o prazo de execución era de 6 meses, tanto a pandemia de COVID-19 como outros atrasos na obra fixeron que a data de inauguración se atrasase até o ano 2021. O Concello viuse obrigado a romper o contrato coa empresa adxudicataria debido ao incumprimento dos prazos, licitando de novo a obra.

Inauguración[editar | editar a fonte]

Xa antes da finalización das obras, Unionistas de Salamanca decidiu iniciar a tempada 2020/21 xogando os seus partidos nas novas instalacións a porta pechada. O primeiro partido oficial disputado no renovado estadio foi un Unionistas - Santa Marta correspondente ás semifinais da fase rexional de Copa RFEF, o 26 de setembro de 2020 (encontro que rematou con vitoria do Unionistas por 1-0).[3]

O público accedeu por primeira vez ao estadio durante a tempada 2021/22, aínda que a as obras non remataron ata o ano 2022.

Cambio de superficie[editar | editar a fonte]

Seguindo os requisitos da RFEF para os campos da Primeira División RFEF, no verán de 2022 cambiouse a superficie do estadio, pasando de herba artificial a herba natural. O custo do cambio asumiuno o Unionistas de Salamanca ante a negativa do Concello da cidade a sufragar os gastos. Para isto, o club levou a cabo unha campaña de financiamento a través de socios e simpatizantes que logrou recadar o importe necesario (300.000 €) en menos dunha semana, e na que participaron tamén seareiros doutros equipos, como os do Deportivo da Coruña.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Unionistas muestra el estado de la construcción del nuevo graderío del Reina Sofía" (en castelán). 26 de abril de 2020. Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  2. Pérez, Jonás (4 de abril de 2019). "El Unionistas deja Las Pistas y se muda al estadio Reina Sofía". As (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  3. Cuervo, Carlos (25 de setembro de 2020). "Unionistas y el Santa Marta se citan en el primer partido de la historia del Reina con una final de ..." (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  4. "Unionistas recauda 300.000 euros en cuatro días entre sus aficionados y acaba así con la polémica del césped". Marca (en castelán). 25 de maio de 2022. Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  5. "La ayuda del deportivismo al Unionistas: "Demuestran estar por encima de su categoría"" (en castelán). 25 de maio de 2022. Consultado o 23 de outubro de 2023.