Escudo da República Centroafricana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo da República Centroafricana
Detalles
ArmigerRepública Centroafricana
Adoptado17 de maio de 1963
CristaUn sol nacente coa data do 1 de decembro de 1958, xunto co lema Zo Kwe Zo" (en sango: "Tódalas persoas son persoas")
AlicerceA bandeira da República Centroafricana
DivisaUnité, Dignité, Travail ("Unidade, Dignidade, Traballo")

O escudo da República Centroafricana consiste nun escudo, ladeado por dúas bandeiras nacionais e cun sol subindo ó longo do escudo.

Na parte superior hai un listel co lema "Zo Kwe Zo" (en Sango). Na parte inferior hai outro co lema "Unité, Dignité, Travail", (en francés, Unidade, Dignidade, Traballo), alén dunha medalla.

Simbolismo[editar | editar a fonte]

O elefante e a árbore representan a natureza, que é a espiña dorsal do país. A estrela amarela nun mapa de África simboliza a localización do país. A man (no canto inferior dereito) foi o símbolo do partido dominante en 1963, cando o escudo foi aprobado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]