Esa-Pekka Salonen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEsa-Pekka Salonen

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Helsinqui, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Sibelius (pt) Traducir
Helsingin Suomalainen Yhteiskoulu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de orquestra , compositor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera Editar o valor em Wikidata
ProfesoresEinojuhani Rautavaara e Jorma Panula (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua finesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoTrompa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webesapekkasalonen.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0758947 Facebook: esapekkasalonen Twitter: esapekkasalonen Spotify: 3ilNZUdmNZ2nUcuAOIpsQl iTunes: 5192302 Musicbrainz: 66b01c9c-3344-46b1-b5fe-cab3c2834e32 Songkick: 465925 Discogs: 653535 Allmusic: mn0000674359 Editar o valor em Wikidata

Esa-Pekka Salonen (Helsinqui, 30 de xuño de 1958) é un destacado director de orquestra e compositor finlandés. Desde 1992 foi o director principal e musical da Filharmónica dos Ángeles, orquestra coa que fixo o seu debut estadounidense en 1984, até que finalizou o seu contrato en xuño de 2009. Tamén é o director principal e conselleiro artístico da Orquestra Philharmonia de Londres desde a tempada 2008/2009, sendo o principal director convidado de dita formación entre 1985 e 1994.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Salonen estudou trompa, dirección e composición musical na Academia Sibelius de Helsinqui. Un dos seus compañeiros de clase foi o compositor Magnus Lindberg e xuntos formaron un grupo de apreciación da música nova chamado Korvat auki e o conxunto experimental Toimii ("Traballo" en finlandés). Graduado con 19 anos de idade, Salonen proseguiu a súa formación musical estudando dirección de orquestra baixo a tutela de Jorma Panula, Jukka-Pekka Saraste e Osmo Vänskä para logo ir a Italia e asistir aos cursos de dirección impartidos por Franco Donatoni en Siena e Niccolò Castiglioni en Milán. Despois, Salonen estudou co compositor Einojuhani Rautavaara.

Como director[editar | editar a fonte]

A súa primeira experiencia no campo da dirección orquestral chegou en 1979 coa Orquestra Sinfónica da Radio Finesa, cando el aínda se consideraba a si mesmo máis ben un compositor. En 1983, con todo, fíxose cargo da interpretación da Sinfonía n.º 3 de Mahler coa Orquestra Philarmonia de Londres con pouca antelación, cando foi requirido de urxencia para substituír a un indisposto Michael Tilson Thomas, feito que lanzou a súa carreira como director. Posteriormente converteuse no principal director convidado da Philharmonia entre 1985 e 1994.

Foi director principal da Orquestra Sinfónica da Radio Sueca desde 1984 até 1995. A este cargo sumouse o seu compromiso para dirixir como convidado a Orquestra da Ópera Nacional Finlandesa e a Orquestra Filharmónica de Oslo.

En 1989, Salonen foi convidado a dirixir a Orquestra Filharmónica dos Ánxeles durante unha xira de concertos polo Xapón. O éxito desta xira foi tal que ao seu regreso ofrecéuselle a posibilidade de ser o principal director convidado da formación californiana. Con todo, os problemas surxidos entre o daquela director titular da orquestra, André Previn, coa xerencia da mesma -provocados en boa medida pola designación de Salonen como director encargado de realizar a xira nipoa- precipitaron que Previn renunciase á titularidade da mesma ese mesmo ano, co que o camiño quedou despexado para o mozo Salonen. Antes de acabar 1989 Salonen foi anunciado como novo director titular da agrupación californiana nun cargo que se faría efectivo a partir do 1992. Durante os dezasete anos nos que se mantivo á fronte desta orquestra, Salonen realizou múltiples xiras por todo o planeta e fixo a súa aparición coa mesma nos principais eventos musicais internacionais. Grazas a unha novidosa programación, a orquestra californiana converteuse nunha das formacións máis progresistas e modernas dos EEUU, á parte de destacar polo seu incomparábel nivel técnico e artístico. No ano 2009, Salonen cedeu o seu posto de titular a outro colega novo, o venezolano Gustavo Dudamel, e inmediatamente foi nomeado director laureado da orquestra.

No ano 2008, Salonen comezara o seu novo compromiso como director titular da Philharmonia Orchestra de Londres, cargo que mantén na actualidade (2018). En 2009, Salonen debutou como director operístico na Metropolitan de Nova York e rexeitou a oferta de dirixir o ciclo completo d'O Anel de Wagner en Bayreuth.

Salonen é recoñecido pola súa dedicación a interpretar e gravar música contemporánea. A súa gravación da estrea mundial da Sinfonía nº 3 de Witold Lutosławski gañou o Gramophone Award de 1985 pola Mellor Gravación Contemporánea. Espírito inquedo e dotado dunha interesante personalidade intelectual, Esa-Pekka Salonen é un dos mellores directores de orquestra actuais e unha das figuras con máis rápida progresión artística surxida nas dúas últimas décadas. Director de estilo e xesto preciosista, Salonen parece centrar o seu eixe interpretativo sobre a base dunha precisión que en ocasións pode resultar un tanto fría para os oídos acostumados a unhas lecturas máis vivificantes. Con todo, as súas maneiras baixo a batuta son de todo convincentes tanto en concepto como en mando. O seu extenso repertorio abarca a práctica totalidade de estilos desde o Clasicismo até a música do século XX, aínda que existen unha serie de compositores moi ligados á súa personalidade interpretativa, como son BartókHindemithMessiaen e, especialmente, Stravinskii. Por outro lado, a música contemporánea ocupa o lugar máis destacado da súa programación e Salonen móstrase coma un dos directores máis comprometidos do panorama internacional en relación á obra do seu tempo. Salonen é un director obsesionado coa democratización musical e unha das súas constantes ao longo da súa traxectoria foi a de acercar a música a todo tipo de estratos sociais. 

Como compositor[editar | editar a fonte]

Entre as composicións de Salonen están ...auf den ersten blick und ohne zu wissen... (1980, un concerto para saxofón con título tomado d'O proceso de Franz Kafka), Floof para soprano e conxunto (1982, sobre textos de Stanisław Lem) e a obra orquestral L.A. Variations (1996). A fin de dedicar máis tiempo á composición, Salonen colleu un ano sabático da dirección no 2000, tempo durante o cal escribiu unha obra para trompa soa (Concert Étude, obra para o concurso de Lieksa Brass Week), Dichotomie para piano, Mania para a cellista Anssi Karttunen e sinfonietta, e Gambit, unha peza orquestral que foi un regalo de aniversario para o seu colega e amigo Magnus Lindberg.

En 2001, Salonen compuxo Foreign Bodies, a súa obra máis grande en termos de orquestración, que inclúe música do movemento inicial de Dichotomie. Outra obra orquestral, Insomnia, seguiu en 2002, e outra, Wing On Wing, en 2004Wing On Wing inclúe partes para dous sopranos e exemplos distorsionados da voz do arquitecto Frank Gehry e tamén a dun peixe.

Como aparenta nas interpretacións de obras vangardistas tales como o Concerto Motocicleta de Jan Sandström, Esa-Pekka Salonen representa un afastamento das aproximacións ideolóxicas e dogmáticas á composición e ve a creación musical como profundamente psíquica. Nas notas do libro do CD de Deutsche Grammophon Wing On Wing, cítao dicindo: «A expresión musical é expresión corporal, non hai expresión cerebral abstracta na miña opinión. Todo sae do corpo.» Un tema recorrente na súa música é a fusión ou relación do mecánico e o orgánico.

Feitos relevantes na súa carreira[editar | editar a fonte]

Estrela adicada ao compositor en Åkerlundinkatu (Tampere), nas proximidades do Tampere-talo.
  • 1981 - Termina a súa primeira obra a gran escala, ...auf den ersten Blick und ohne zu wissen....
  • 1983 - Co-funda a Orquestra de Cámara Avanti! en Finlandia con Jukka-Pekka Saraste.
  • 1985 - É nomeado director principal da Orquestra Sinfónica da Radio Sueca.
  • 1992 - É nomeado director musical da Orquestra Filharmónica dos Ánxeles.
  • 1995-1996 - Director Artístico do Festival de Helsinqui.
  • 1997 - Estrea de LA Variations nos Ánxeles.

Obras clave[editar | editar a fonte]

  • 1982 - Floof, para grupo de cámara.
  • 1996 - LA Variations, para orquestra.
  • 1999 - Five Images after Sappho, para soprano e grupo de cámara.
  • 2000 - Dichotomie, para piano.
  • 2000 - Mania, para cello, orquestra ou ensamble.
  • 2004 - Wing on Wing, para dous sopranos e orquestra.

Discografía[editar | editar a fonte]

Gravacións máis coñecidas[editar | editar a fonte]

  • Esa-Pekka Salonen: Concerto for Alto Saxophone; Floof; Meeting; Nachtleider; Mimo II; Yta I; Yta II; Yta IIb; Yta III – Pekka Savijoki; Anu Komsi; Kari Krikku; Jukka Tiensuu; Jorma Valjakka; Mikael Helasvuo; Tuija Hakkila; Anssi Karttunen; Finnish Radio Symphony Orchestra; Avanti! Chamber Orchestra; Esa-Pekka Salonen – Finlandia 0927 43815 2
  • Bartók: Piano Concertos 1, 2, and 3 (Yefim Bronfman, piano) (Grammy Award); Sony Classical SBK89732
  • Esa-Pekka Salonen: Five Images After Sappho; Gambit; Giro; LA Variations; Mania – Dawn Upshaw; Anssi Karttunen; Los Angeles Philharmonic Orchestra; London Sinfonietta; Esa-Pekka Salonen – Sony SK89158
  • Esa-Pekka Salonen: Foreign Bodies; Insomnia; Wing on Wing – Anu Komsi; Piia Komsi; Finnish Radio Symphony Orchestra; Esa-Pekka Salonen – Deutsche Grammophon 477 5375
  • John Corigliano: Red Violin – Joshua Bell, solo violin; Philarmonia Orchestra; Sony Classical SK63010
  • Arnold Schoenberg: Violin Concerto in D Minor, Jean Sibelius: Violin Concerto – Hilary Hahn, solo violin; Swedish Radio Symphony Orchestra – Deutsche Grammophon B0011WMWUW – Grammy Award for Best Instrumental Soloist(s) Performance (with orchestra)[59]
  • Henri Dutilleux: CorrespondancesTout un monde lointainThe shadows of time – Barbara Hannigan; Anssi Karttunen; Orchestre Philharmonique de Radio France – Deutsche Grammophon 0289 479 1180 7
  • Esa-Pekka Salonen: Out of Nowhere; Nyx and Violin Concerto; Leila Josefowicz; Finnish Radio Symphony Orchestra; Esa-Pekka Salonen; Deutsche Grammophon B008W5TDP8

Los Angeles Philarmonic[editar | editar a fonte]

Deutsche Grammophon[editar | editar a fonte]

  • Bartók: Suite, The Miraculous Mandarin
  • Mussorgsky: St. John's Night on the Bare Mountain (original version)
  • Salonen: Helix
  • Salonen: Piano Concerto (Yefim Bronfman, piano)
  • Shostakovich (orchestration by Gerard McBurney): Prologue to Orango—Ryan McKinny (Veselchak, bass-baritone), Jordan Bisch (Voice from the Crowd/Bass, bass), Michael Fabiano (Zoologist, tenor), Eugene Brancoveanu (Orango, baritone), Yulia Van Doren (Susanna, soprano), Timur Bekbosunov (Paul Mash, tenor), Los Angeles Master Chorale (Grant Gershon, Music Director) (world premiere recording)
  • Shostakovich: Symphony No. 4 in C minor, Op. 43

DG Concerts - recorded live at Walt Dsiney Concert Hall[editar | editar a fonte]

  • Beethoven: Symphony No. 5
  • Beethoven: Symphony No. 7
  • Beethoven: Symphony No. 8
  • Beethoven: Overture, Leonore No. 2
  • Debussy: La Mer
  • Falla: El amor brujo
  • Anders Hillborg: Eleven Gates (world premiere recording)
  • Hindemith: Symphonic Metamorphoses on Themes of Weber
  • Husa: Music for Prague 1968
  • Ligeti: Concert românesc
  • Lutosławski: Concerto for Orchestra
  • Lutosławski: Symphony No. 4
  • Mosolov: Iron Foundry
  • Pärt: Symphony No. 4, "Los Angeles" (world premiere recording)
  • Prokofiev: Suite from Romeo & Juliet
  • Ravel: Ma Mère l'Oye
  • Ravel: Piano Concerto for the Left Hand in D (Jean-Yves Thibaudet, piano)
  • Salonen: Helix
  • Sibelius: Symphony No. 2 in D major for orchestra, Op. 43
  • Shostakovich: Music from Lady Macbeth of Mtensk District
  • Shostakovich: Suite from The Nose
  • Stravinsky: The Firebird
  • Wagner: Die Meistersinger von Nürnberg, Prelude
  • Wagner: Die Meistersinger von Nürnberg, "Was duftet doch der Flieder" (Bryn Terfel, bass-baritone)
  • Wagner: Die Walküre, The Ride of the Valkyries
  • Wagner: Die Walküre, Wotan's Farewell and Magic Fire Music (Bryn Terfel, bass-baritone)
  • Wagner: Lohengrin, Prelude to Act III
  • Wagner: Tannhäuser, "O du, mein holder Abendstern" (Bryn Terfel, bass-baritone)

ECM[editar | editar a fonte]

  • Pärt: Symphony No. 4, "Los Angeles"

Nonesuch[editar | editar a fonte]

  • Adams: Naïve and Sentimental Music

Ondine[editar | editar a fonte]

  • Saariaho: Du cristal ...
  • Saariaho: ... à la fumée (Petri Alanko, alto flute; Anssi Karttunen, cello)

Philips Classics[editar | editar a fonte]

  • Bartók: Violin Concerto No. 2 (Viktoria Mullova, violin)
  • Stravinsky: Violin Concerto (Viktoria Mullova, violin)

Sony Classical[editar | editar a fonte]

  • Bach: Transcriptions (by Elgar, Mahler, Schoenberg, Stokowski, Webern)
  • Bartók: Concerto for Orchestra
  • Bartók: Music for Strings, Percussion, and Celesta
  • Bartók: Concerto for Piano No. 1, Sz. 83 (Yefim Bronfman, piano)
  • Bartók: Concerto for Piano No. 2, Sz. 95 (Yefim Bronfman, piano)
  • Bartók: Concerto for Piano No. 3, Sz. 119 (Yefim Bronfman, piano)
  • Bruckner: Symphony No. 4, "Romantic"
  • Debussy: Prélude à l'après-midi d'un faune (Janet Ferguson, flute)
  • Debussy: La Mer
  • Debussy: Images pour orchestre
  • Debussy: Trois nocturnes (Women of the Los Angeles Master Chorale)
  • Debussy: Le martyre de St. Sébastien (Fragments symphoniques)
  • Debussy: La damoiselle élue (Dawn Upshaw, soprano; Paula Rasmussen, mezzo-soprano; Women of the Los Angeles Master Chorale)
  • Goldmark: Concerto for Violin and Orchestra (Joshua Bell, violin)
  • Hermann: Excerpts, Torn Curtain
  • Hermann: Overture, North by Northwest
  • Hermann: Prelude, The Man Who Knew Too Much
  • Hermann: Suite, Psycho
  • Hermann: Suite, Marnie
  • Hermann: Suite, Vertigo
  • Hermann: Suite, Fahrenheit 451
  • Hermann: Suite, Taxi Driver
  • Hindemith: Mathis der Maler (symphony)
  • Hindemith: Symphonic Metamorphosis on Themes of Weber
  • Hindemith: The Four Temperaments (Emanuel Ax, piano)
  • Lutosławski: Symphony No. 1
  • Lutosławski: Symphony No. 2
  • Lutosławski: Symphony No. 3
  • Lutosławski: Symphony No. 4
  • Lutosławski: Piano Concerto (Paul Crossley, piano)
  • Lutosławski: Chantefleurs et Chantefables (Dawn Upshaw, soprano)
  • Lutosławski: Fanfare for Los Angeles Philharmonic
  • Lutosławski: Les espaces du sommeil (John Shirley-Quirk, baritone)
  • Mahler: Symphony No. 3 (Anna Larsson, contralto; Ralph Sauer, trombone; Donald Green, posthorn; Martin Chalifour, violin; Paulist Boy Choristers of California, Women of the Los Angeles Master Chorale)
  • Mahler: Symphony No. 4 (Barbara Hendricks, soprano)
  • Mahler: Das Lied von der Erde (Plácido Domingo, tenor; Bo Skovhus, baritone)
  • Marsalis: All Rise (Wynton Marsalis, trumpet; Lincoln Center Jazz Orchestra; Paul Smith Singers; Northridge Singers of California State University; Morgan State University Choir)
  • Prokofiev: Violin Concertos Nos. 1 and 2 (Cho-Liang Lin, violin)
  • Revueltas: Homenaje a Federico García Lorca
  • Revueltas: La noche de los mayas
  • Revueltas: Ocho por radio
  • Revueltas: Sensemayá
  • Revueltas: Ventanas for Large Orchestra
  • Revueltas: First Little Serious Piece
  • Revueltas: Second Little Serious Piece
  • Salonen: Gambit
  • Salonen: Giro
  • Salonen: LA Variations
  • Shostakovich: Piano Concerto No. 1 (Yefim Bronfman, piano; Thomas Stevens, trumpet)
  • Shostakovich: Piano Concerto No. 2 (Yefim Bronfman, piano)
  • Shostakovich: Quintet for piano & string Op 57 (Yefim Bronfman, piano, Juilliard String Quartet)
  • Sibelius: Finlandia
  • Sibelius: The Swan of Tuonela
  • Sibelius: Valse Triste
  • Sibelius: Concerto for Violin and Orchestra (Cho-Liang Lin, violin)
  • Sibelius: Concerto for Violin and Orchestra (Joshua Bell, violin)
  • Sibelius: En saga
  • Sibelius: Kullervo Symphony, Op. 7 (Marianna Rorholm, mezzo-soprano; Jorma Hynninen, baritone; Helsinki University Men's Chorus)
  • Sibelius: Lemminkäinen Legends, Op 22 (Four Legends from the Kalevala)
  • Stravinsky: Violin Concerto (Cho-Liang Lin, violin)

Philharmonia[editar | editar a fonte]

  • Dmitri Shostakovich: Prologue to "Orango" (World Premiere Recording) and Symphony No 4
  • Gustav Mahler: Symphony No 9
  • Gustav Mahler: Symphony No 6
  • Hector Berlioz: Symphonie Fantastique, Ludwig van Beethoven: Leonore Overture
  • Arnold Schoenberg: Gurrelieder
  • Franz Liszt: Piano Concertos 1 & 2 and Sonata in B minor (Emanuel Ax, piano)
  • Sergei Rachmaninov: Piano Concertos 2 & 3 (Yefim Bronfman, piano)
  • Magnus Lindberg: Cantigas, Cello Concerto, Parada, & Fresco (Anssi Karttunen, cello)
  • Igor Stravinsky: The Firebird & The Rite of Spring
  • György Ligeti: Le Grand Macabre
  • György Ligeti: Vocal Works (The King's Singers)
  • Arnold Schoenberg: Piano Concerto Op 42, Franz Liszt: Piano Concertos 1 & 2 (Emanuel Ax, piano)
  • Igor Stravinsky: Petrouchka & Orpheus
  • Igor Stravinsky: Le sacre du printemps & Symphony in Three Movements
  • André Jolivet: Concerto No 2 for trumpet & Concertino for trumpet, string orchestra & piano, Henri Tomasi: Concerto for trumpet & orchestra (Wynton Marsalis, trumpet)
  • Olivier Messiaen: Turangalîla-Symphonie, Witold Lutosławski: Symphony No 3 (Los Angeles Philharmonic Orchestra, Paul Crossley, piano, John Shirley-Quirk, baritone)
  • Jean Sibelius: Symphony No 5 Op 82 & Pohjola's Daughter Op 49

Oslo Philharmonic[editar | editar a fonte]

  • Grieg: Peer Gynt, with Barbara Hendricks, Sony Classical Masters, SK 44528, 1993

Berlin Philharmonic Orchestra[editar | editar a fonte]

  • Sergei Prokofiev: Romeo & Juliet

Finnish Radio Symphony Orchestra[editar | editar a fonte]

  • Kaija Saariaho: La Passion de Simone (Dawn Upshaw, soprano, Tapiola Chamber Choir)
  • Magnus Lindberg: Piano Concerto & Kraft (Toimii Ensemble)
  • Kaija Saariaho: Château de l'âmeGraal Théâtre & Amers (BBC Symphony Orchestra, Avanti! Chamber Orchestra, Finnish Radio Chamber Choir, Dawn Upshaw, soprano, Gidon Kremer, violin, Anssi Karttunen, cello)
  • Magnus Lindberg: Kinetics (Pekka Savijoko, alto saxophone)
  • Magnus Lindberg: MetalworkAblaufTwineKinetics, & Jeax d‘Anches
  • Magnus Lindberg: Kinetics, Esa-Pekka Salonen: Concerto for Alto Saxophone & Orchestra, Jouni Kaipainen: Sinfonia (BBC Symphony Orchestra, Pekka Savijoki, alto saxophone)

Swedish Radio Symphony Orchestra[editar | editar a fonte]

  • Igor Stravinsky: The Rake's Progress (Barbara Hendricks, soprano, Håkan Hagegård, actor, Greg Fedderly, tenor)
  • Carl Nielsen: Violin Concerto, Jean Sibelius: Violin Concerto (Philharmonia Orchestra, Cho-Liang Lin, violin)
  • Carl Nielsen: Symphony No. 1 and Little Suite (Stockholm Chamber Orchestra)
  • Arvo Pärt: Credo (Hélène Grimaud, piano)
  • Anders Hillborg: Clarinet Concerto, Liquid Marble, & Violin Concerto (Martin Fröst, clarinet, Anna Lindal, violin)
  • Luigi Dallapiccola: Il Prigioniero & Canti di Prigiona
  • Magnus Lindberg: ActionSituationSignification, & Kraft (Toimii Ensemble)
  • Clang & Fury Anders Hillborg: MuoocaaeyiywcoumLamentoCelestial Mechanics, & Haut-Posaune (Stockholm Chamber Orchestra, Eric Ericson Chamber Choir, Kari Kriikku, clarinet, Christian Lindberg, trombone, Anna Lindal, violin, Martin Fröst, clarinet)
  • Igor Stravinsky: Oedipus Rex (Eric Ericson Chamber Choir)
  • Lars-Erik Larsson: God in DisguisePastoral Suite, & Violin Concerto (Arve Tellefsen, violin, Hillevi Martinpelto, soprano, Håkan Hagegård, baritone)
  • Carl Nielsen: Flute Concerto, Clarinet Concerto, Rhapsody Overture, Saul & David, & Springtime in Funen (Håkan Rosengren, clarinet, Per Flemström, flute)
  • Franz Berwald: Symphonies 3 & 4 (Los Angeles Philharmonic Orchestra)
  • Wilhelm Stenhammar: Serenade Op 31, Midwinter Op 24, & Chitra Op 43
  • Esa-Pekka Salonen: Mimo II (Bengt Rosengren, óboe)
  • Carl Nielsen: Symphonies 3 & 6 (Pia-Marie Nilsson, soprano, Olle Persson, baritone)
  • A Nordic Festival: Hugo Alfvén: Swedish Rhapsody No 1 Midsommarvaka & Bergakungen, Jean Sibelius: Valse Triste & Finlandia, Edvard Grieg: Sigurd Jorsalfar, Jón Leifs: Geysir, Carl Nielsen: Maskarade, Armas Järnefelt: Berceuse
  • Carl Nielsen: Symphony No. 4 and Helios Overture
  • Carl Nielsen: Symphony No. 5 and Masquerade Overture

Avanti! Chamber Orchestra[editar | editar a fonte]

  • The Virtuoso Clarinet (Kari Kriikku, clarinet)
  • Magnus Lindberg: De TartuffeJe croisLinea d’ombraZona, & Ritratto
  • Aarre Merikanto: 10 Pieces for Orchestra, Paavo Heininen: Musique d’été Op 11, Magnus Lindberg: Rittrato (other conductors: Jukka-Pekka Saraste and Ari Angervo)

London Sinfonietta[editar | editar a fonte]

  • Magnus Lindberg: AwayAmanhacendo LiberdadeCircle WindDeusaSky DanceAsa DeltaRapaziadaNightflowerSave the Earth (Endymion (ensemble))
  • Paul Hindemith: Kammermusik No 3 Op 36 No 2, Aarre Merikanto: Konzertstück, Magnus Lindberg: Zona, Bernd Alois Zimmermann: Canto di Speranza (Anssi Karttunen, cello)
  • Toru Takemitsu: To the Edge of DreamToward the SeaVersL’Arc-en-CielPalma, & Folios for Guitar
  • Igor Stravinsky: Pulcinella, Octet, Renard, & Ragtime
  • Olivier Messiaen: Des canyons aux étoilesCouleurs de la cité céleste, & Oiseaux exotiques (Paul Crossley, piano)
  • Igor Stravinsky: Concerto for piano & wind instruments, Capriccio for piano & orchestra, Movements for piano & orchestra, & Symphonies of wind instruments (Paul Crossley, piano)

Stockholm Chamber Orchestra[editar | editar a fonte]

  • Arnold Schoenberg: Transfigured Night Op 4 & String Quartet No 2 (Faye Robinson, soprano)
  • Pär Lindgren: Fragments of a CircleBowijawShadows that in the Darkness Dwell, & Guggi-guggi for trombone & tape
  • Igor Stravinsky: Apollon Musagète, Concerto in D, & Cantata (London Sinfonietta, (orchestra & chorus), Ulf Forsberg, violin, Yvonne Kenny, soprano, John Aler, tenor)
  • Franz Joseph Haydn: Symphonies 22, 78 & 82
  • Richard Strauss: Prelude to Capriccio Op 85, Concertino for clarinet, bassoon & string orchestra, & Metamorphosen (Paul Meyer (clarinetist), Knut Sonstevold, bassoon)

Stockholm Sinfonietta[editar | editar a fonte]

  • A Swedish Serenade: Dag Wirén: Serenade for Strings Op 11, Lars-Erik Larsson: Little Serenade for Strings Op 12, Lille Bror Söderlundh: Concertino for oboe & strings, Ingvar Lidholm: Music for Strings

Staatskapelle Dresden[editar | editar a fonte]

  • Robert Schumann: Piano Concerto in A minor Op 54, Clara Schumann: 3 Lieder Op 12 & Am Strande, Johannes Brahms: Sonata for cello & piano No 1 Op 38 & 2 Rhapsodies Op 79 (Hélène Grimaud, piano)

Finnish National Opera[editar | editar a fonte]

  • Kaija Saariaho: L'Amour d'loin (Peter Sellers, director, Dawn Upshaw, soprano, Monica Groop, mezzo-soprano, Gerald Finley, baritone)

Outras gravacións de obras de Salonen[editar | editar a fonte]

  • Leila Josefowicz, violin, plays Salonen: Lachen verlernt
  • Gloria Cheng, piano, plays Salonen: Yta IIThree Preludes, & Dichotomie
  • Lin Jiang, horn and Benjamin Martin, piano, play Salonen: Hornmusic 1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]