Saltar ao contido

Doris Leuthard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDoris Leuthard

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1963 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Merenschwand, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente da Confederación Helvética
1 de xaneiro de 2017 – 31 de decembro de 2017
Vicepresidenta de Suíza
1 de xaneiro de 2016 – 31 de decembro de 2016
← Johann Schneider-Ammann
Presidente da Confederación Helvética
1 de xaneiro de 2010 – 31 de decembro de 2010
← Hans-Rudolf MerzMicheline Calmy-Rey →
Vicepresidenta de Suíza
1 de xaneiro de 2009 – 31 de decembro de 2009
← Hans-Rudolf MerzMoritz Leuenberger →
Membro do Consello Federal de Suíza
1 de agosto de 2006 – 31 de decembro de 2018 (resignation of Doris Leuthard (en) Traducir)Viola Amherd →
Membro do Consello Nacional de Suíza
6 de decembro de 1999 – 13 de xuño de 2006 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zúric Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berna Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , avogada Editar o valor em Wikidata
Período de tempoSéculo XX Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Cristián Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e Lingua alemá de Suíza Editar o valor em Wikidata
Participou en
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018
17 de xaneiro de 2017Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016
21 de xaneiro de 2015Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014
Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013 Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Doris Leuthard, nada en Merenschwand (cantón de Argovia) o 10 de abril de 1963, é unha política suíza, membro do Partido Popular Cristián Demócrata. É tamén orixinaria da comuna de Sarnen no cantón de Obwalden. Foi elixida como conselleira federal o 14 de xuño de 2006. O seu mandato comezou oficialmente o 1 de agosto do mesmo ano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doris fixo os seus estudos primarios e secundarios nas localidades de Merenschwanden e Muri. Os estudos ximnasiais (medios) fíxoos na cidade de Wohlen no cantón de Argovia. Realizou estudos de dereito na Universidade de Zúric e obtivo a licenza para exercer a avogacía no cantón de Argovia en 1991.

A partir de 1989 Doris comeza a traballar nun estudo de avogados. Dous anos máis tarde obtivo a súa patente para exercer como avogada; a partir dese momento, Doris asóciase co estudo de avogados Fricker-Leuthard implantado en Wohlen e Muri.

Durante os anos 1990 entra a formar parte de varios consellos de fundacións e administracións. Entre algúns atópanse a Compañía eléctrica de Laufenburgo (Elektrizitätsgesellschaft Laufenburg) e o Novo Banco Argoviano (Neue Argauer Bank). Tamén estivo á fronte das Universidades populares de Argovia.

Foi membro do Consello escolar de Muri (Argovia) de 1993 ao 2000. Igualmente de 1996 a 1997 foi membro das autoridades de conciliación en materia de dereito de arrendamento. De 1997 ata 2000 foi membro do Gran Consello de Argovia. En 1999 é elixida para o Consello Nacional suízo, no cal se interesa nas comisións de economía e rendementos, así como a comisión de asuntos xurídicos.

Vicepresidenta do Partido Popular Cristián Demócrata desde 2001 ata 2004, data na cal se converte en presidenta do mesmo.

O 14 de xuño de 2006 Doris Leuthard é elixida Conselleira federal en substitución de Joseph Deiss quen renunciou ao seu cargo. A elección levouse a cabo na Asemblea federal, Doris foi elixida na primeira volta por 133 votos dun total de 234 votos válidos (240 posibles).

Desde o 1 de agosto de 2006, Doris Leuthard é a encargada do Departamento Federal de Economía (DFE).

Doris Leuthard é favorable á revisión da lei do asilo e á construción de novas centrais nucleares en Suíza. Oponse á privatización da compañía nacional de telecomunicacións (Swisscom) así como á adhesión de Suíza á Unión Europea. O 10 de decembro de 2008 foi elixida por 173 votos como Vicepresidenta da Confederación Suíza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]