Departamento de Francisco Morazán
Francisco Morazán é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, localizada polo zona central desta. Ten unha superficie de 8.619 km² e , no 2005, tiña unha poboación estimada de 1 680 700 habitantes.
O departamento limita polo norte cos departamentos de Comayagua, Yoro e Olancho; polo sur cos departamentos Valle e Choluteca; polo leste con Olancho e El Paraíso, e polo oeste cos departamentos de Comayagua e La Paz.
Historia[editar | editar a fonte]
O departamento de Francisco Morazán (anteriormente Tegucigalpa) é un dos sete departamentos orixinais da República de Honduras. Este fundouse por decreto da primeira Asemblea Constituínte do Estado, expedida o 28 de xuño de 1825 durante a administración de don Dionisio de Herrera.
En 1869, o departamento foi reducido cando o municipio de Texiguat foi anexado ao departamento de El Paraíso. En 1943 Tegucigalpa pasou a chamarse 'Francisco Morazán' conmemorando o centenario da morte do Paladín da Unión Centroamericana.
Municipalidades[editar | editar a fonte]
- Alubarén
- Cedros
- Curarén
- Distrito Central
- El Porvenir
- Guaimaca
- La Libertad
- La Venta
- Lepaterique
- Maraita
- Marale
- Nueva Armenia
- Ojojona
- Orica
- Reitoca
- Sabanagrande
- San Antonio de Oriente
- San Buenaventura
- San Ignacio
- San Juan de Flores
- San Miguelito
- Santa Ana
- Santa Lucía
- Talanga
- Tatumbla
- Valle de Ángeles
- Vallecillo
- Villa de San Francisco