Correo Literario
Correo Literario | |
---|---|
País | Arxentina |
Lugar | Buenos Aires |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1943 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Correo Literario, foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1943 e 1945.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Publicación quincenal, apareceu o 15 de novembro de 1943. Nos últimos números pasou a ter periodicidade mensual. Dirixida por Lorenzo Varela, Luís Seoane e Arturo Cuadrado. De temática cultural, literaria, artística, e sobre cine e teatro, tiña unha importante sección de libros. Tamén apareceu crítica política en defensa das liberdades e da democracia. Entre os seus colaboradores figuraron Rafael Dieste, Xosé Otero Espasandín, Rafael Alberti, María Teresa León, Francisco Ayala, Ernesto Sabato, Julio Cortázar e Vicente Huidobro. Prestou especial atención á cultura galega, e nela apareceu a primeira recensión da novela Adolescencia de Otero Pedrayo, de Sempre en Galiza de Castelao, e Proceso a Jacobusland de Emilio Pita. Publicáronse corenta números e cesou a súa edición en novembro de 1945. Foi continuada por Cabalgata editada por Luís Seoane e Lorenzo Varela.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Correo Literario". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Correo Literario". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Repertorio da prensa da emigración galega Fondos documentais. Consello da Cultura Galega.