Conversa usuario:Sergio9C.M.
Benvido á Galipedia, Sergio9C.M.!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 28 de decembro de 2012 ás 11:03 (UTC)
Asinar as mensaxes[editar a fonte]
Ola outra vez Sergio9C.M., lembra que tes que engadir sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa.
Saúdos de novo e bo traballo. --Xas (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 11:23 (UTC)
Se cadra pódeche ser útil ler Wikipedia:Páxina de conversa e Wikipedia:Páxina de usuario. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 4 de xaneiro de 2013 ás 22:28 (UTC)
Formato[editar a fonte]
Ola Sergio, vin que creache os artgos dúo e trío, pero fáltalles dar formato. Bótalle un ollo ao noso libro de estilo para corrixir os artigos. Se tes algunha dúbida pregunta. Un saúdo. --Beninho (conversa) 12 de xaneiro de 2013 ás 15:17 (UTC)
Copyvio[editar a fonte]
Ola, Sergio! Ao creares un artigo debes indicar a orixe dos datos, e non podes facer un copia e pega ou unha tradución dunha páxina con dereitos de autoría, pois iso está considerado Copyvio. Amais, o texto debe axeitarse ao libro de estilo. Procura tamén evitar o uso de tradutores automáticos, pois adoitan fallar e inclúen numerosos erros. Se tes dúbidas, non teñas medo a consultar con calquera usuario da Galipedia, que de seguro che ha axudar. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xaneiro de 2013 ás 22:21 (UTC)
Sergio9C.M.[editar a fonte]
Grazas a todos por estes consellos.--sergio 21 de xaneiro de 2013 ás 17:51 (UTC)