Conversa axuda:Erros nas referencias
Esta páxina incorpora texto traducido da páxina "Help:CS1 errors" da Wikipedia en inglés, publicada baixo a licenza Creative Commons Compartir Igual 3.0. Consulta o historial da páxina orixinal para unha lista dos autores. |
Esta páxina incorpora texto traducido da páxina "Ayuda:Errores en las referencias" da Wikipedia en castelán, publicada baixo a licenza Creative Commons Compartir Igual 3.0. Consulta o historial da páxina orixinal para unha lista dos autores. |
PMC[editar a fonte]
Ao traducir un texto do inglés, nunha cita aparece un PMC superior a 5000000, que é o valor máximo admitido na Galipedia. Comprobei que o PMC do artigo é correcto pois leva á publicación desexada e é superior ao valor anterior, concretamente é o PMC6078412. Habería que corrixir ese tope para evitar que o sistema envíe mensaxe de erro. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de xaneiro de 2020 ás 22:46 (UTC)
PMID[editar a fonte]
O mesmo comentario que no PMC para o límite superior de 30000000. Habería que subir ese tope para que non dé mensaxe de erro, Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de xaneiro de 2020 ás 23:01 (UTC)