Conversa:Rexión non traducida cinco prima

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Apóstrofos e primas[editar a fonte]

Estou a utilizar aquí o símbolo de prima (′), pero noutras páxinas da galipedia (mesmo en moitas iniciadas por min) utilízase no seu lugar o símbolo apóstrofo ('). Isto débese a que o símbolo apóstrofo aparece nos nosos teclados normais e o símbolo prima non. Ademais, non sei se en caso de que se faga unha redirección con prima se aceptará no buscador (vou probar), pero penso que a forma con apóstrofo hai que mantela como redirección porque é a que a xente atopará nos teclados. O apóstrofo é unha raíña recta, mentres que a prima é unha raíña con certa inclinación (e os acentos agudos teñen aínda máis inclinación). Por exemplo 5' 5′ 5´, que por orde son 5 apóstrofo, 5 prima, 5 acento agudo, pero utilízase moitas veces o 5 apóstrofo como se fose 5 prima.--Miguelferig (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 20:03 (UTC)[responder]

Xa puxen a redirección con prima (5′ UTR) e parece que funciona. Outra cousa é como a xente vai escribir iso no buscador se non ten o símbolo no teclado, pero se aparece escrito nunha páxina con prima pódese facer a ligazón.--Miguelferig (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 20:10 (UTC)[responder]