Chrysi, Grecia
Chrysi | |
---|---|
Χρυσή | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferias de Grecia | Illa de Creta |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | 34°52′20″N 25°42′30″L / 34.87222, -25.70833Coordenadas: 34°52′20″N 25°42′30″L / 34.87222, -25.70833 |
Xeografía | |
Superficie | 4´743 km² |
Longura máxima | 5 km. |
Largura máxima | 1 km. |
Punto máis alto | 31 m. Kefala |
Demografía | |
Poboación | 3 hab. (2011) |
Lingua propia | Grego |
Chrissi (grego: Χρυσή, "ouro", tamén Γαϊδουρονήσι - Gaidouronisi "illa burricán") é unha illa grega deshabitada aproximadamente 15 km ao sur de Creta preto de Ierapetra no mar de Libia. Aproximadamente a 700 m ao leste da illa está a illa de Mikronisi. Administrativamente estas illas atópanse dentro do municipio Ierapetra en Lasithi.
Turismo[editar | editar a fonte]
É posible visitar Chrissi por mar desde Ierapetra e desde Myrtos. Hai unha praia nudista na costa norte da illa. O punto máis alto da illa chámase Kefala ("cabeza") e ten unha altitude de 31 m sobre o nivel do mar. Na parte occidental da illa atópase a capela de San Nicolás (estimase a data no século XIII). Tamén hai un salar, un antigo porto, algunhas ruínas minoicas, un faro e un cemiterio romano. Debido ás augas pouco profundas ao redor de Chrissi, o snorkel e o mergullo son dous pasatempos populares. As baías Belegrina, Hatzivolakas e Kataprosopo teñen unha ampla diversidade de cunchas.
É posible chegar á illa desde Ierapetra entre mediados de maio e finais de outubro.
Protección do medio ambiente[editar | editar a fonte]
Chrissi está protexida como "área de intensa beleza natural". A illa ten o maior bosque natural de Juniperus macrocarpa en Europa. Non hai auga potable na illa. A maioría das árbores teñen unha idade media de 200 anos cunha altura media de 7 m, algunhas das árbores de 300 anos de idade teñen 10 m de altura. A densidade é aproximadamente 28 árbores por hectárea.[1]
Referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ Natura 2000 site GR 4320003 Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (Grego)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chrysi, Grecia |