Castellciutat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCastellciutat
Imaxe

Localización
Mapa
 42°21′21″N 1°26′38″L / 42.355953, 1.443875Coordenadas: 42°21′21″N 1°26′38″L / 42.355953, 1.443875
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Lleida
ComarcaAlt Urgell
ConcelloLa Seu d'Urgell Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
20 de setembro de 1713Siege of Castellciutat (en) Traducir
11 de febreiro de 1714Siege of Castellciutat (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

O Castelo de Ciutat, visto dende La Seu d'Urgell.

Castellciutat é unha entidade de poboación do concello de La Seu d'Urgell, na provincia de Lleida. É coñecido popularmente como Ciutat (cidade) malia a súa poboación, que era de 417 habitantes en 2016.[1] A vila constituíu un concello independente ata 1975, cando foi anexionado ao de La Seu.

A localidade atópase ao oeste de La Seu d'Urgell, sobre un outeiro na marxe esquerda do río Valira, sobre o que se atopan os restos do antigo Castelo de Ciutat e tamén dunha cidadela. No centro da localidade destaca a igrexa parroquial de Sant Feliu.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo Plinio o Vello e Estrabón, a primitiva cidade romana Orgellia, ocupada anteriormente polo poboado prehistórico de Arse-durgui, atopábase no outeiro de Castellciutat, camiño obrigado de Julia Lybica (Llívia) a Ilerda (Lleida), e polo tanto de grande importancia estratéxica. A cidade romana foi a capital dos ceretáns ou, segundo Ptolomeo, dos ilerxetes.[2]

Non hai documentación sobre a súa cristianización, atribuída a un discípulo de Santiago o Maior, nin da erección do bispado de Urgell. Parece ser que este foi creado entre 516, data do concilio de Tarragona, no que non consta ningún bispo de Urgell, e 521, cando xa aparece mencionado.[3] O primeiro bispo, venerado despois como santo, foi Xusto, que asistiu aos concilios da España visigótica nos anos 527 e 546. Nesas datas xa aparece a característica esencial da cidade medieval e que dará nome á cidade: a sé episcopal (en catalán seu).[2]

Pouco despois de ser liberada polos francos do dominio musulmán, a cidade de Urgell foi destruída polos sarracenos e entrou en crise pola represión do bispo Félix. Por eses dous motivos, a sé episcopal foi trasladada a unha nova localización. Do outeiro baixou ao val, onde naceu o vicus Sedis Urgelli, actual cidade de La Seu d'Urgell. Castellciutat, despois de ser reconstruída, converteuse nunha fortaleza, residencia dos condes de Urgell ata a conquista de Agramunt e Balaguer (1105).[2]

Notas[editar | editar a fonte]