Carlo Cattaneo
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1801 ![]() Milán ![]() |
Morte | 6 de febreiro de 1869 ![]() Lugano, Suíza ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio monumental de Milán ![]() |
Deputado do Reino de Italia | |
22 de marzo de 1867 – 2 de novembro de 1870 Lexislatura: 10th Legislature of the Kingdom of Italy (en) ![]() | |
Deputado do Reino de Italia | |
18 de novembro de 1865 – 13 de febreiro de 1867 Lexislatura: 9th Legislature of the Kingdom of Italy (en) ![]() | |
Member of the Chamber of Deputies of the Kingdom of Sardinia (en) ![]() | |
2 de abril de 1860 – 17 de decembro de 1860 Lexislatura: 7th Legislature of the Kingdom of Sardinia (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Milán ![]() |
País de nacionalidade | Reino de Italia (1861–1869) ![]() |
Educación | Universidade de Pavia (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Italia ![]() |
Ocupación | filósofo , politicólogo , lingüista , escritor , historiador , político , académico , patriot (en) ![]() ![]() |
Partido político | Action Party (en) ![]() ![]() |
Profesores | Giambattista De Cristoforis (en) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua italiana ![]() |
![]() |
Carlo Cattaneo, nado en Milán o 15 de xuño de 1801 e finado en Lugano o 6 de febreiro de 1869, foi un filósofo italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/46/Cattaneo_-_Memorie_di_economia_pubblica_dal_1833_al_1860%2C_1860_-_5707207.tif/lossy-page1-220px-Cattaneo_-_Memorie_di_economia_pubblica_dal_1833_al_1860%2C_1860_-_5707207.tif.jpg)
Formado na tradición empirista de Romagnosi, ensinou durante un tempo no Ximnasio de Milán. En 1839 fundou o periódico mensual Il Politecnico, que se publicou ata 1844. Participou na insurrección de Milán de 1848 e exiliouse en París e Lugano. Nesta cidade suíza publicou unha nova etapa de Il Politecnico entre 1860 e 1863.
Cattaneo interesouse pola filosofía, a historia e as ciencias sociais, e en todas estas disciplinas aplicou un espírito empirista en gran positivista e en todo caso historicista. Opúxose fortemente ao espiritualismo e ao rosminianismo, correntes ás que acusou de subxectivas e de separar a teoría da práctica. Para el non hai en filosofía ningún principio universal e absoluto nin tampouco ningún método universal: hai pluralidade de nocións e pluralidade de métodos, cada un dos cales xustificable pola súa aplicabilidade. A filosofía non debe fuxir da práctica, que é á vez a realidade e a posibilidade da súa transformación por medios técnicos e científicos. O desenvolvemento social da Humanidade é o horizonte dentro do que transcorre o pensamento filosófico. O home é, dende os seus comezos, un ser social, de xeito que un exame do espírito humano é un exame do espírito asociado con outros. Chamouse por este motivo a Cattaneo un "positivista político". Por todo isto considérase que hai semellanzas entre as ideas de Cattaneo e algunhas correntes posteriores, como o pragmatismo.
Obra[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c1/Cattaneo_-_Scritti_filosofici._1%2C_1960_-_3929260.jpg/220px-Cattaneo_-_Scritti_filosofici._1%2C_1960_-_3929260.jpg)
- Opere edite e inedite, 1881-1892, 7 volumes.
- Scritti completi editi e inediti, 1925 e seguintes.
- Invito agli amatori della filosofia, 1857.
- Idea di una psicologia della scienza, 1859, parte da incompleta Psicologia delle menti associate.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- José Ferrater Mora, Diccionario de Filosofía, Barcelona: Ariel, 2004, I.