Bir Tawil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBir Tawil
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 21°52′14″N 33°44′14″L / 21.8706, 33.7372Coordenadas: 21°52′14″N 33°44′14″L / 21.8706, 33.7372
Territorio reivindicado porsen valor
Popular Republic of Saint John (en) Traducir
Kingdom of Africa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficialárabe Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie2.060 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario

Mapa simplificado que amosa a reclamación de Exipto (amarelo e verde), a do Sudán (azul e verde) e Bir Tawil (branco)

Bir Tawil ou Bi'r Tawīl (Escoitari/bɪr tɑːˈwl/, árabe exipcio بير طويل, Bīr Ṭawīl ou بئر طويل Bi'r Ṭawīl, que significa "pozo alto]]") é unha superficie de 2060 km² ao longo da fronteira entre Exipto e o Sudán, que está deshabitada e non é reclamada por ningún dos dous países. Cando se fala en asociación co veciño Triángulo de Hala'ib, ás veces denomínaselle Triángulo Bir Tawil, a pesar da forma de cuadrilátero da superficie, os dous "triángulos" bordean nun cuadripunto.

O seu estado de terra nullius resulta dunha discrepancia entre a fronteira política recta entre Exipto e o Sudán establecida en 1899, e a fronteira administrativa irregular establecida en 1902. Exipto afirma a fronteira política, e o Sudán afirma a fronteira administrativa, co resultado de que o triángulo Hala'ib é reclamado por ambos e Bir Tawil por ningún. En 2014, a autora Alastair Bonnett describiu a Bir Tawil como o único lugar habitable da Terra, que non foi reclamado por ningún goberno recoñecido.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Bir Tawil é un exemplo dun territorio considerado terra nullius.[2] Situado entre Exipto e o Sudán, é un territorio de 2.060 km² resultado dunha discrepancia entre as fronteiras deseñadas entre 1899 e 1902. Unha fronteira colocou Bir Tawil baixo control do Sudán e o Triángulo de Hala'ib baixo control exipcio, mentres que a outra fronteira fíxoo ao revés. Os dous países reclaman a fronteira que lles outorgaba o Hala'ib, notabelmente máis grande e lindante co Mar Vermello, co efecto de que Bir Tawil é un territorio non reclamado por ningunha das dúas nacións. A zona, que carece de poboación autóctona, está baixo o control de facto de Exipto, aínda que non se amosa nos mapas oficiais deste país.[3] Bir Tawil non ten unha poboación estabelecida, mais é utilizada polos pobos beduínos que percorren a zona.[4]

Reino do Sudán do Norte[editar | editar a fonte]

En xuño de 2014, o estadounidense Jeremiah Heaton reclamou que Bir Tawil se considerase como un novo Estado soberano, o Reino do Sudán do Norte.[5][6][7][8] Realizou unha expedición co fin de facer dita reclamación de soberanía oficial acorde co dereito internacional. O 16 de xuño de 2014, Heaton chantou a bandeira nacional do reino nese territorio para reclamar a rexión como novo estado soberano, o Reino do Sudán do Norte. Estabeleceu unha monarquía con el como xefe de Estado e mesmo anunciou a creación de "embaixadas" polo mundo, aínda que ningún Goberno recoñeceu este estado.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Bir Tawil ten unha superficie de 2060 km². A lonxitude das súas fronteiras norte e sur son 95 km e 46 km respectivamente; a lonxitude das súas fronteiras leste e oeste son 26 km e 49 km respectivamente.

No norte da zona atópase a montaña Jabal Tawil ( جبل طويل}), situada en 21°57′56″N 33°48′05″L / 21.96556, -33.80139 (Jabal Tawil), cunha altura de 459 m. No leste está Jebel Hagar ez Zarqa, cunha altura de 662 m.

No sur está o Wadi Tawil ( وادي طويل), tamén chamado "Khawr Abū Bard", situado en 21°49′25″N 33°43′42″L / 21.82361, -33.72833 (Wadi Tawil).

Hai tamén algúns arroios en Bir Tawil, que se orixinan no Lago Nasser.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bonnett, Alastair (2014). "Bir Tawil". Unruly Places: Lost Spaces, Secret Cities and Other Inscrutable Geographies. Houghton Mifflin Harcourt. p. 73. ISBN 978-0-544-10160-9. LCCN 2013050983. OCLC 890509603. o único sitio do planeta que é á vez habitable e non reclamado. 
  2. There is some disagreement of whether Bir Tawil is 'terra nullius or not. See f.e Chris Borgen, The Man Who Would Be King, Daddy’s Little Princess, and their Territorial Claim
  3. Central Intelligence Agency. CIA World Factbook 2009[Ligazón morta] MobileReference, 2009. ISBN 1607783339
  4. "Man lays claim to African land to make daughter real life ‘princess’". kdvr.com. 17 de xullo de 2014. Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  5. Gibson, Allie Robinson (10 de xullo de 2014). "Abingdon man claims African land to make good on promise to daughter". Bristol Herald Courier (Bristol, Virginia: Berkshire Hathaway). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 2015-04-23. 
  6. Najarro, Ileana (12 de xullo de 2014). "Va. man plants flag, claims African country, calling it ‘Kingdom of North Sudan’". Washington Post (Washington, DC). Consultado o 2015-04-23. 
  7. Ensor, Josie (14 de xullo de 2014). "US father takes unclaimed African kingdom so his daughter can be a princess". The Daily Telegraph (London). Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  8. "Mapping micronations". Al Jazeera. 14 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 2015-04-23. Passports, currencies and flags: We discuss what it takes to create your own country. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]