Bengkalis Regency

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bengkalis
Illa Bengkalis en Indonesia
Illa Bengkalis
Illa Bengkalis
Localización da illa
Situación
País Indonesia
ArquipélagoIllas Riau, Illas maiores da Sonda
MarEstreito de Malaca, no océano Índico
Coordenadas1°29′23″N 102°04′47″L / 1.48972, -102.07972Coordenadas: 1°29′23″N 102°04′47″L / 1.48972, -102.07972
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie929 km²
Longura máxima67 km.
Largura máxima19´5 km.
Demografía
CapitalBengkalis
Poboación100.000 hab
Densidade108 hab./km²

A illa de Bengkalis atópase no estreito de Malaca, fronte á costa leste da illa de Sumatra, a uns 200 km ao oeste de Singapur. Esténdese por 68 km de longo en dirección noroeste-sueste e ten un largo de 19 km nun eixe leste-oeste. Ten unha elevación que oscila entre 100 m. e 200 m.

División administrativa[editar | editar a fonte]

Administrativamente, a illa é parte do Kabupaten de Bengkalis na provincia de Riau.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa está separada de Sumatra polos Estreito de Bengkalis e de Padang. É de formación coralina, plana e pantanosa. Está suxeita a fortes precipitacións.

Na costa leste atópase a praia de Selat Baru, de 4 km de longo, bordeada por pobos tradicionais. Preto da praia, hai un arroio que os lugareños chaman "sungai Liong", e no que se alzan uns 3.000 peixes da especie "kakap putih".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]