Bandeira do Bierzo
Bandeira de O Bierzo | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 14 de abril do ano 2000 |
A Bandeira do Bierzo foi aprobada o 14 de abril do ano 2000 polo Consello Comarcal do Bierzo. Representa aos 38 municipios que forman a comarca do Bierzo (León).
Historia e características[editar | editar a fonte]
O deseño da bandeira resultou, tras un longo e arduo debate[1] que se estendeu fóra das canles políticas e administrativas chegando aos medios de comunicación e á sociedade berciana en xeral, da integración da bandeira bercianista (un rectángulo dividido en diagonal de abaixo a arriba sendo a parte dereita azul) e do Pendón de Lanzas coa cruz de Borgoña (hoxe conservada no Museo dos Exércitos en Madrid) que representaba ao Concello de Ponferrada. A histórica foi presentada polo historiador cacabelense José Antonio Balboa de Paz, pero a integración da bandeira bercianista en numerosos símbolos non-políticos de distinta clase como bandeira do Bierzo fixo imposible a súa desaparición aceptándose unha solución de consenso, resultando a bandeira actual formada pola cruz de Santo André sobre a bandeira bercianista.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a1/Bandera_El_Bierzo.png/220px-Bandera_El_Bierzo.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ef/R%C3%A9plica_Pend%C3%B3n_de_Lanzas.jpg/220px-R%C3%A9plica_Pend%C3%B3n_de_Lanzas.jpg)
Aínda que ao principio xurdiu certa polémica ao final foi aceptada, sendo actualmente un dos símbolos máis recoñecidos do Bierzo e coñecida popularmente como bandeira cruzada ou a cruceira.[2]
No centro da Bandeira sitúase o escudo do Bierzo, composto por varios motivos relacionados co Bierzo (follas de vide simbolizando a agricultura berciana, os dous martelos cruzados símbolo da minería e no centro a Cruz de Peñalba, símbolo do Bierzo) e sobre el a coroa. Tamén o deseño do escudo sufriu varias polémicas, criticándose o custo do deseño e o propio deseño por varios motivos, presentándose unha alternativa similar que ademais contaba con dúas vieiras a esquerda e dereita dentro do bordo do escudo simbolizando o percorrido do Camiño de Santiago que cruza O Bierzo de leste a oeste, esta alternativa tamén tiña pequenas diferenzas na cor e a coroa.