Aurora Rodríguez Carballeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAurora Rodríguez Carballeira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1879 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de decembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Ciempozuelos, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsocióloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosHildegart Rodríguez Carballeira Editar o valor em Wikidata
ParentesPepito Arriola (sobriño) Editar o valor em Wikidata

Aurora Rodríguez Carballeira, nada en Ferrol o 23 de abril de 1879 e finada en Ciempozuelos (Madrid) o 28 de decembro de 1955, foi unha muller galega que pasou á historia por ser a nai de Hildegart, un experimento científico que ela concibiu como "a muller do futuro", a quen ela mesma asasinou.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que adoitaba mentir sobre a súa idade, e circulan moitas versións, crese que naceu en 1879, na casa familiar da rúa Madalena. Sempre se laiou da carencia dunha educación formal para ela, o que puido ser unha das razóns aducidas para que a súa filla completase o labor para o que Aurora non estaba preparada. Supliu esa carencia con lecturas da biblioteca de seu pai, Francisco Rodríguez Arriola, de ideas liberais e progresistas, fundamentalmente de socialistas utópicas.

A súa irmá Josefa tivo un fillo de solteira e deixouno ao coidado de Aurora, quen tiña daquela 16 anos. Esta educouno até se converter no neno prodixio Pepito Arriola. Este axiña foi reclamado por súa nai e levado a Madrid onde, segundo Aurora, tivo un enorme éxito. Porén, a familia de Pepito di que nunca se separou de súa nai. Este suceso afondou as súas ideas reformadoras e a prol da euxenesia, amais da súa preocupación polos dereitos da muller. Isto levouna a concibir o proxecto de criar unha muller en condicións óptimas que chegase a ser un exemplo das súas ideas.

Logrou atopar un pai que nunca puidese reclamar a criatura. A profesora Rosa Cal estableceu con fundamento que se trataba dun cura castrense de Lleida chamado Alberto Pallás, con quen tivo, como "colaborador fisiolóxico", tres "encontros carnais" (sempre segundo Aurora).[1] Cando estivo segura do embarazo marchou a Madrid para darlle á súa filla a vida que lle tiña preparada.

Imaxe do xuízo a Aurora Rodríguez Carballeira pola morte da súa filla[2]

O experimento inicialmente cumpriu as expectativas de Aurora: Hildegart converteuse nunha personalidade internacional. Con todo, a liberdade en que fora educada levaríaa a un profundo compromiso político e a separarse de súa nai. Aurora, inspirada polo medo a perder a Hildegart, derivado dunha suposta conspiración para estragar a súa "escultura de carne", asasinouna mentres a moza durmía. Nunca se arrepentiu do seu acto e repetiu que volvería facelo. Foi condenada a 26 anos de cárcere, que cumpriu na maior parte no hospital psiquiátrico de Ciempozuelos (Madrid).

Inicialmente críase que desaparecera durante a Guerra Civil española. Porén, cando se atopou o seu historial en 1977, sóubose que realmente morrera de cancro no antedito centro o 28 de decembro de 1955.

Obras inspiradas na súa vida[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Aurora de sangre (Vida y muerte de Hildegart) de Eduardo De Guzmán 1972, Editorial Mundo Actual.[3]
  • Aurora de sangre o la virgen roja de Rafael Azcona, Jet Films 1977. Guión do filme de Fernán Gómez baseado na novela de Eduardo de Guzmán.
  • Hildegart, la virgen roja (Joan Llarch Roig), Barcelona, Producciones editoriales, 1979. 155 p.
  • Auroras Anlaß de Erich Hackl, Zürich, 1987.[4]
  • La virgen roja de Fernando Arrabal, Barcelona, Seix Barral, 1987.[5]
  • El manuscrito encontrado en Ciempozuelos: análisis de la historia clínica de Aurora Rodríguez (Guillermo Rendueles), ed. Endymion, Madrid, 1989, ISBN 84-7731-023-8. Estudio del historial clínico de Aurora en el hospital de Ciempozuelos.[6]
  • A mí no me doblega nadie: Aurora Rodríguez, su vida y su obra (Hildegart) (María Rosa Cal Martínez), Ediciós do Castro, Sada (La Coruña), 1991.[7]
  • Mi querida hija Hildegart (Carmen Domingo), ed. Destino, 2008.[8]
  • Infierno: Ribellarsi al Destino. Traduzione e studio de La virgen roja di Fernando Arrabal (Antonietta Martini), Edizioni Accademiche Italiane, Saarbrücken, 2014.[9]
  • La madre de Frankenstein de Almudena Grandes, Tusquets, 2020.[10]

Cinema[editar | editar a fonte]

  • En 1977 Fernando Fernán Gómez dirixiu o filme Mi hija Hildegart, con Amparo Soler Leal no papel de Aurora.
  • The red virgin (2014), dirixida por Sheila Pye.
  • Hildegart oder Projekt: Superwoman (2016), dirixida por Barbara Caspar.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cal Martínez, Rosa (1991). A mi no me doblega nadie. Aurora Rodríguez: Suvida y su obra (Hildegart). Edicións do Castro. pp. 44–57. ISBN 84-7492-542-8. 
  2. Fraga, Xesús (7/10/2021). "Juan Durán converte nun ballet a traxedia de Hildegart" La Voz de Galicia (en castelán)
  3. Guzmán, Eduardo de; Muiña, Ana (2014). Aurora de sangre: vida y muerte de Hildegart. Pioneras en tiempos salvajes. Madrid: La Linterna Sorda. ISBN 978-84-942466-5-4. 
  4. Hackl, Erich (1987). Auroras Anlass: Erzählung (Orig.-Ausg ed.). Zürich: Diogenes. ISBN 978-3-257-01734-2. 
  5. Arrabal, Fernando (2020). La virgen roja. Almuzara. ISBN 9788418089176. 
  6. Rendueles Olmedo, Guillermo (1989). El manuscrito encontrado en Ciempozuelos: análisis de la historia clínica de Aurora Rodríguez. Genealogía del poder. Madrid: Las Ediciones de la Piqueta. ISBN 978-84-7731-023-5. 
  7. Cal Martínez, María Rosa (2010). A mí no me doblega nadie: Aurora Rodríguez, su vida y su obra (Hildegart). Edicións di Castri. ISBN 978-84-8485-301-5. 
  8. Domingo, Carmen (2008). Mi querida hija Hildegart: una historia que conmocionó a la España de la Segunda República. Colección Imago mundi (1. ed ed.). Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 978-84-233-4028-6. 
  9. Martini, Antonietta (2014). Infierno: Ribellarsi al Destino. Edizioni Accademiche Italiane. ISBN 9783639656923. 
  10. Grandes, Almudena (2020). La madre de Frankenstein: agonía y muerte de Aurora Rodríguez Carballeira en el apogeo de la España nacionalcatólica, Manicomio de mujeres de Ciempozuelos, Madrid, 1954-1956. Episodios de una guerra interminable (Primera edición ed.). Barcelona: Tusquets Editores. ISBN 978-84-9066-780-4. 
  11. Martínez, Malena (2016-10-31). "Hildegart o el proyecto Superwoman, de Barbara Caspar". Las Críticas (en castelán). Consultado o 2024-05-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]