Alfonso García Sanmartín
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1946 Gundiá, España |
Morte | 27 de outubro de 2022 (76 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | mestre , editor |
Lingua | Lingua galega |
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Alfonso García Sanmartín, nado en Gundiá (Albá, Palas de Rei) o 2 de setembro de 1946 e finado o 27 de outubro de 2022[1], foi un docente e editor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca, foi docente no Colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña desde 1970, centro do que foi director. Ademais, exercía como vicepresidente da Confederación Española de Centros de Ensino (CECE).
Foi responsábel de Rodeira-Edebé, e durante dous mandatos bianuais presidiu a Asociación Galega de Editores: entrou en 2006 en substitución de Fabiola Sotelo[2][3] e saíu en 2010, cando foi relevado no posto polo vigués Manuel Bragado[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Nova do pasamento anunciada pola Asociación Galega de Editoras.
- ↑ "Alfonso G. Sanmartín, á fronte da Asociación Galega de Editores". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-02-09.
- ↑ "García Sanmartín, reelixido como presidente dos editores galegos". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-02-09.
- ↑ Bragado, novo presidente dos editores galegos Arquivado 18 de xullo de 2010 en Wayback Machine., nova aparecida en Xornal de Galicia o 16 de xullo de 2010.