Alejandro Castro Espín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xullo de 1965 (58 anos) A Habana, Cuba |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Cuba |
Actividade | |
Ocupación | político , militar |
Partido político | Partido Comunista de Cuba |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Rango militar | Coronel |
Familia | |
Pais | Raúl Castro e Vilma Espín (pt) |
Irmáns | Mariela Castro |
Parentes | Fidel Castro (tío) Juanita Castro (Tía) Ramón Castro (tío) |
Alejandro Castro Espín, nado na Habana o 29 de xullo de 1965, é un político e militar cubano. Ostenta o rango de coronel no Ministerio do Interior de Cuba.[1] É o único fillo varón de Raúl Castro, antigo primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba, e de Vilma Espín, unha das principais líderes da Revolución cubana. É polo tanto sobriño do líder da Revolución, Fidel Castro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na Habana o 29 de xullo de 1965,[2] como o único fillo varón do matrimonio entre Raúl Castro e Vilma Espín. Ten tres irmás: Deborah, Mariela e Nilsa.[3] A súa irmá Mariela é unha das sexólogas máis destacadas do país e directora do Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba.
Formouse como enxeñeiro e como militar nas Forzas Armadas Revolucionarias e foi enviado como parte do continxente cubano á guerra civil angolana onde, aínda que non loitou na primeira liña, sufriu unha lesión accidental nun ollo durante un exercicio militar en Luanda.[4] Tamén fixo un mestrado en relacións internacionais e é un destacado investigador en cuestións relacionadas coa defensa e a seguridade nacional.[5][6][7]
Escribiu regularmente artigos na prensa cubana e en 2009 presentou o seu primeiro libro, El Imperio del Terror, publicado pola editorial do Ministerio do Interior cubano, que explica a súa particular visión dos intereses de poder dos Estados Unidos nos séculos XIX e XX.[1][6]
Trala elección de Raúl Castro como primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba en 2011, Alejandro converteuse en axudante persoal deste e estivo involucrado en diversos actos políticos e visitas oficiais.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "A Castro son rises in Cuba" (en castelán). 17 de xuño de 2015. Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ "El ascenso del hijo de Raúl Castro en el régimen cubano" (en castelán). 24 de abril de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ "Comentan en prensa de Vietnam reflexiones de Fidel" (en castelán). 20 de marzo de 2007. Arquivado dende la Prensa Cubana/2007/Marzo.htm o orixinal
|url=
incorrecto (Axuda) o 25 de agosto de 2007. Consultado o 10 de setembro de 2021. - ↑ "Alejandro Castro Espín: un fin de raza" (en castelán). 18 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ "Raúl Castro's inner circle". The New York Times (en inglés). 26 de novembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 "Derecho de veto: ¿Coraza o cadalso para la Comunidad de Naciones? (II)" (en castelán). 14 de setembro de 2005. Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 "¿Quién sucederá a los Castro?" (en castelán). 15 de novembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2021.