Yohkoh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yohkoh
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónISAS
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento30 de agosto de 1991, 2:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorMu-3S-II[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kagoshima[3][6]
Obxectivo da misiónObservación solar.[3][6]
Decaemento12 de setembro de 2005[1]
NSSDC ID1991-062A
Masa390,0 kg[3]
Potencia200 vatios[3]

Yohkoh, coñecido inicialmente como SOLAR A, foi un observatorio espacial da axencia xaponesa ISAS lanzado o 30 de agosto de 1991 mediante un foguete Mu-3S-II desde o Centro Espacial de Kagoshima.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Yohkoh foi unha cooperación do Xapón, os Estados Unidos e o Reino Unido lanzado para estudar as radiacións de alta enerxía das erupcións solares e as condicións que as producen. A misión era sucesora de Hinotori. O satélite estabilizábase nos tres eixos e levaba catro instrumentos:[3][5][6]

  • Un telescopio de raios X duros (20-80 keV).
  • Un telescopio de raios X suaves (0,1-4 keV).
  • Un espectrómetro da banda ancha para raios X e raios gamma entre 3 keV e 20 MeV.
  • Un espectrómetro de cristal de Bragg para as liñas en raios X do ferro XXV e XXVI, o calcio XIX e o xufre XV.

A nave tiña forma de caixa de 2 x 4 m e acumulaba ata 50 MB de datos por día que ía gardando e transmitindo na grabadora de cinta de a bordo, cunha capacidade de 10,5 MB de almacenamento. Yohko reentrou na atmosfera terrestre o 12 de setembro de 2005.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "YOHKOH (SOLAR A)" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 13 February 2006 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (06-51342(E)). 22 de febreiro de 2006: 4. Consultado o 9 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (27 de abril de 2016). "Yohkoh" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Solar A / Yohkoh" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Solar A (Yohkoh)" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Yohkoh" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]