Xosé López Guntín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1929 Vilalba, España |
Morte | 1996 (66/67 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Lingua | Lingua castelá |
Xosé López Guntín, nado en Vilalba en 1929 e finado en Lugo en 1996, foi un pintor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dedidiu dedicarse á pintura artística malia a oposición da súa familia. En 1946 recibiu unha bolsa da Deputación de Lugo para ingresar na Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid, onde se licenciou. Nesa mesma cidade fixo a súa primeira exposición, na galería Ferreres.
Nos seus inicios adoptou un estilo realista a través de retratos e composicións figurativas, acercándose ao neo-impresionismo. Máis tarde a súa obra achegouse á nova figuración, xeometrizando os elementos e a figura humana.
A comezos da década de 1960 regresou a Galiza, onde fundou o grupo Seis Urogallos xunto a Jesús Blas Lourés, Manuel Cancio Varela, Tino Prados López, Antonio Estrada e Luis Gómez Pacios. Adoitaban expor a súa obra no local Ferreirós.
Obtivo a praza de profesor de debuxo en secundaria, exercendo no Instituto Masculino de Lugo, actual IES Lucus Augusti[1], entre 1968 e 1971. Neste centro consérvanse dous óleos da súa autoría, de temática escolar. Tamén deu clase, até a súa xubilación, no Instituto Mixto I.
A súa última exposición en vida foi en 1992 na sala Laxeiro de Vigo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "López Guntín" Arquivado 13 de abril de 2018 en Wayback Machine., artigo na web do IES Lucus Augusti.