Xosé Antón Cascudo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1976 (48 anos) Guitiriz, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Historia da Arte e Comunicación Audiovisual |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá |
Xosé Antonio Cascudo Rodríguez, nado en Guitiriz o 16 de marzo de 1976, é un escritor galego.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela[2] e Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña. Máster en Sociedade do Coñecemento e Técnico Superior en Fotografía Artística. Realizou os cursos de doutoramento no Departamento de Filosofía moral e Antropoloxía social da USC onde traballa sobre o cineasta Alexander Sokurov, figura sobre a cal organizou en maio do 2008 o seminario Alexander Sokurov, a voz solitaria do home, no Centro Galego de Arte Contemporánea.[3]
No eido cinematográfico realiza a obra de carácter experimental Ladaíña nº 1 (fendendo) (2008), como guionista é autor da peza A realidade máxica dirixida por María Cordero, e supervisor de Vikingland (Xurxo Chirro, 2011). Así mesmo colaborou en labores críticas coa Axencia Audiovisual Galega, coa revista Audiovisual Galego e co suplemento cultural Kalaikia. No 2014 dirixiu o documental O Instante Eterno sobre o poeta galego Xosé María Díaz Castro.
É tamén poeta, mantedor do blog Ficcionario, e autor do poemario Manual do misántropo, vencedor do 1º Premio do Certame GZ Crea e publicado por Espiral Maior no 2007.[1]
É profesor na USC, departamento de Ciencias da Comunicación.[4] Tamén é profesor no instituto IES Xelmirez I de Imaxe e Son.[5]
Obra literaria[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Manual do misántropo (2007). Culleredo: Espiral Maior. 72 páxs. ISBN 9788496475502.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- A mística da feminidade en Mad Men (2023). Vigo: Galaxia. 174 páxs. ISBN 978-84-1176-048-5.[6][7]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012). Toxosoutos.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). libro electrónico.
Cinematografía[8][editar | editar a fonte]
- A realidade máxica (2008). Guionista
- O instante eterno (2014). Director e guionista[9]
- Alfa i Omega (2014). Director e guionista
Premios[editar | editar a fonte]
- Primeiro premio do Certame GZ crea de poesía no 2006, por Manual do misántropo.
- 2022: Premio Ramón Piñeiro de Ensaio por A mística da feminidade en Mad Men.[10][11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Xosé Antón Cascudo". www.aelg.gal. Consultado o 2022-12-27.
- ↑ Diario, Nós (2022-12-26). "'A mística da feminidade en Mad Men', de Xosé Antón Cascudo, premio Ramón Piñeiro de Ensaio". Nós Diario. Consultado o 2022-12-27.
- ↑ Galicia, Xunta de (2022-12-26). "‘A mística da feminidade en Mad Men’, de Xosé Antón Cascudo, gaña o XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2022. Consultado o 2022-12-27.
- ↑ "Jose Antonio Cascudo Rodriguez Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2022-12-27.
- ↑ "José Antonio Cascudo: «Os recursos audiovisuais no ensino conectan moi ben co alumnado»". La Voz de Galicia. 2020-03-03. Consultado o 2022-12-27.
- ↑ "A mística da feminidade en Mad Men". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-14.
- ↑ Carolo Tosar, Rocío (Xullo, agosto, setembro 2023). "Unha lectura máis alá das cámaras: redescubrindo "Mad Men"". Grial LXI (239): 103–105. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Xosé Antón Cascudo". guionistas.gal. Consultado o 2022-12-27.
- ↑ Alisal, Casa de Galicia en Madrid-Delegación de la Xunta de Galicia en Madrid Casado del; España, 8 Madrid-28014Madrid. "Presentación y proyección del documental "O instante eterno", de José Antonio Cascudo Rodríguez, en la Casa de Galicia en Madrid". emigracion.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2022-12-27.
- ↑ "Xosé Antón Cascudo". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-12-27.
- ↑ Press, Europa (2022-12-26). "Xosé Antón Cascudo gana el Ramón Piñeiro de Ensaio con un análisis de la feminidad en 'Mad Men'". www.europapress.es. Consultado o 2022-12-27.