Xoán Xesús Carril
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Arzúa |
Alcalde de Arzúa | |
17 de xuño de 2023 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Xoán Xesús Carril Ramos é un político galego do BNG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro de Arzúa polo Partido Socialista Galego-Esquerda Galega. Integróuse no Bloque Nacionalista Galego e foi elixido responsable de finanzas do partido en Arzúa en 1999.[1] Nas municipais de 2007 e 2011 foi elixido concelleiro e foi concelleiro de Deportes. Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura do BNG en Arzúa e foi elixido concelleiro. Volveu encabezar a candidatura nas municipais de 2023 e foi elixido alcalde co apoio de Alternativa por Arzúa e o PSdeG-PSOE.[2][3]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Mariluz Casanova Vidal, e teñen dúas fillas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, Santiago, 29-6-1999, p. 47
- ↑ Moure, Laura (2023-06-17). "O nacionalista Xoán Xesús Carril: novo alcalde de Arzúa". Ecos da Comarca (en castelán). Consultado o 2024-01-24.
- ↑ Noguerol, Natalia (2023-06-18). "El BNG se hace con la alcaldía de Arzúa «in extremis»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-01-24.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: José Luis García López |
Alcalde de Arzúa 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |