Xavier Lorenzo Oroza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 Viveiro, España |
Morte | 29 de marzo de 2001 (42/43 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Francisco Javier Lorenzo Oroza, coñecido como Xavier Lorenzo, nado en Viveiro en 1958 e finado na Coruña o 29 de marzo de 2001, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sobriño do poeta Carlos Oroza. Traballou como redactor en La Voz de Galicia, Antena 3 Radio, Caminos inolvidables de Galicia y del mundo. Foi director de informativos de TCN televisión. Era membro da ACPE-AS- de correspondentes de prensa estranxeira e correspondente acreditado do grupo israelí "Aurora" na UE. Colaborou con Jerusalem Post e El Correo Gallego, El Correo Español El pueblo Vasco. Foi membro do consello de redacción do semanario Mundo Hispánico en Suíza e colaborou na Televisión Helvética. Finou no Hospital Juan Canalejo da Coruña o 29 de marzo de 2001.[1]
Obra[editar | editar a fonte]
- As gaviotas do cabo Morás, O porco espiño Xeremías, 1983.
- A viaxe de Irina, 1993.
- O paxaro do Danubio.
- A serra máxica, 1998.
En castelán[editar | editar a fonte]
- Ultimas noticias después del silencio, 1981.
- Una habitación en el Bósforo, 1997.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio Nacional de Estatística, 1992.
- Premio Pastor Díaz de Novela por Una habitación en el Bósforo, 1995.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Pilar Rego Fernández e foi pai de Noel Lorenzo Rego.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 30-3-2001, p. 57.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 347. ISBN 84-8288-019-5.