William D'Antonio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1926 (98 anos) New Haven, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Yale |
Actividade | |
Ocupación | sociólogo |
William V. D'Antonio, nado en New Haven o 7 de febreiro de 1926, é un sociólogo estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou en Yale e Winsconsin, doutorándose en socioloxía e antropoloxía na Universidade Estatal de Míchigan, comezando a dar clases de socioloxía nesa universidade, pasando á de Notre Dame (1959-1971), pasando á Universidade de Connecticut entre 1971 e 1982 deixando as clases para asumir o posto de oficial executivo da American Sociological Association, onde se mantivo ata 1991. En 1993 incorporouse á Universidade Católica de América como profesor investigador adxunto. Foi tamén presidente da Sociedade para o Estudo Científico da Relixión (1978-1979), da Sociedade para a Socioloxía da Relixión (1993) e do Instituto Internacional de Socioloxía (1992-1993). Desde 1987 dirixe [1] unha serie de enquisas para o National Catholic Reporter para o coñecemento das actitudes dos católicos estadounidenses.
Obras[editar | editar a fonte]
- Power and Democracy in America (1961)
- Religion, Revolution, and Reform, con Frederick Pike (1964)
- Influentials in Two Border Cities: A Study in Community Decision-Making, con William H. Form (1965)
- Sociology: Man in society, con Melvin en Louis DeFleur (manual de socioloxía, 1972)
- Female and Male con Elaine C. Pierson (1974)
- Families and Religions, con Joan Aldous (1983)
- American Catholic Laity in a Changing Church con James D Davidson, Dean R Hoge e Ruth A Wallace(1989)
- Laity: American and Catholic. Transforming the Churchcon James D. Davidson, Dean R Hoge e Ruth A Wallace (1989)
- The Catholic Experience of Small Christian Communities con Bernard J Lee e Virgilio P Elizondo (2000)
- American Catholics - Gender, Generation and Commitment con James D Davidson, Dean R Hoge, Katherine Meyer (2001)
- American Catholics Today: New Realities of Their Faith and Their Church con Dean R Hoge, Mary Gautier e James Davidson(2007)
- Voices of the Faithful: Loyal Catholics Striving for Change con Anthony Pogorelc (2007)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "New survey offers portrait of U.S. Catholics William D'Antonio". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2012. Consultado o 04 de xuño de 2012.