Wikipedia:Portada/Arquivo/Portada 2007
Benvidos á Galipedia, a versión en galego da Wikipedia. Este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a toda persoa interesada en contribuír.
Nesta versión galega, que comezou o 8 de marzo de 2003, xa temos 211.416 artigos.
Preguntas Máis Frecuentes · Lista de COMOs · Portal da Comunidade
Sobre GaliciaLuísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo". A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 2024, destacando dela que foi a "creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90". Esta proposta estivo encabezada pola tamén escritora Ana Romaní e respaldada por Chus Pato, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Manuel Rivas, María López Sández, Euloxio R. Ruibal, Dolores Sánchez Palomino, Manuel González González e a xa mencionada Ana Romaní.
Artigo destacadoNeptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso. Neptuno é máis denso e fisicamente máis pequeno que Urano porque a súa maior masa provoca máis compresión gravitatoria na súa atmosfera. É un dos dous planetas xigantes de xeo do sistema solar (o outro é Urano). Estando composto principalmente por gases e líquidos, non ten unha "superficie sólida" ben definida. O planeta orbita ao redor do Sol unha vez cada 164,8 anos a unha distancia media de 30,1 UA (4.500 millóns de km), unhas 30 veces a distancia da Terra ao Sol. Neptuno recibiu o nome do deus romano dos mares e o seu símbolo astronómico é ♆, unha versión estilizada do tridente do deus. Neptuno non é visible a simple vista e é o único planeta do sistema solar atopado por predición matemática máis que por observación empírica. Inesperados cambios na órbita de Urano levaron a Alexis Bouvard a deducir que esta era obxecto dunha perturbación gravicional producida por un planeta descoñecido. Despois da morte de Bouvard, a posición de Neptuno foi predita a partir das súas observacións, independentemente, por John Couch Adams e Urbain Le Verrier. Neptuno foi posteriormente observado o 23 de setembro de 1846 por Johann Galle máis ou menos na posición pronosticada por Urbain Le Verrier, e a súa maior lúa, Tritón, foi descuberta pouco despois, aínda que ningunha das restantes 13 lúas foron localizadas telescopicamente ata o século XX. A distancia do planeta á Terra dálle un tamaño aparente moi pequeno, polo que é difícil estudar con telescopios terrestres. Neptuno foi visitado pola nave Voyager 2, que sobrevoou o planeta o 25 de agosto de 1989. e, esta, segue a ser a única nave espacial que o visitou. A chegada do telescopio espacial Hubble e dos grandes telescopios terrestres con óptica adaptativa permitiron, recentemente, observacións detalladas adicionais dende lonxe. EfeméridesHoxe é sábado, 15 de xuño. Tal día como hoxe, no ano:
|
Matemáticas e Ciencias naturais:
|
Wikipedias con máis de 2.000.000 artigos: Inglés Wikipedias con máis de 150.000 artigos: Alemán · Francés · Polaco · Xaponés · Italiano · Holandés · Portugués · Castelán · Sueco · Ruso · Chinés · Finlandés Wikipedias con máis de 25.000 artigos: Turco · Esperanto · Eslovaco · Checo · Catalán · Romano · Ucraíno · Húngaro · Danés · Indonesio · Hebreo · Lombardo · Lituano · Esloveno · Serbio · Volapük · Búlgaro · Coreano · Estoniano · Árabe · Telugu · Croata · Cebuano · Nepal Bhasa · Galego · Grego · Tai · Noruegués(Nynorsk) Wikipedias con máis de 15.000 artigos: Persa · Vietnamita · Malaio · Bishnupriya Manipuri · Bosnio · Basco · Inglés sinxelo · Islandés · Luxemburgués · Albanés · Xeorxiano · Bengalí · Azerí · Bretón · Ido Lista completa – Coordinación multilingüe – Comeza unha Wikipedia noutra lingua |
Meta-Wiki - Coordinación | Commons - Multimedia | Galizionario - Dicionario |
Galilibros - Libros | Wikisource - Documentos | Galicitas - Citas |
Wikispecies - Especies | Wikinews - Novas | Wikiversity - Aprendizaxe |