Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Kathleen Ferrier
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Kathleen Ferrier[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 20 de xuño de 2016 - 30 de xullo de 2016
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 20 de xuño de 2016 ás 23:30 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 20-06-2016 ata o 20-07-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo traducido e adaptado da Wikipedia en lingua inglesa. Trata en profundidade a carreira dunha das contraltos británicas máis destacadas da primeira metade do século XX e tristemente falecida de cancro no mellor momento da súa carreira. O artigo é extenso, ben categorizado, ben ilustrado, con abundantes referencias e notas aclaratorias, e conta con ligazóns aos portais relacionados. Logo de darlle un par de voltas creo que pouco queda por corrixir no que respecta á ortografía e a redacción, polo que penso que cumpre todos os requisitos para ser artigo de calidade, e pode ser un bo xeito de darlle tamén unha maior visibilidade á muller na Galipedia. --Piquito (conversa) 20 de xuño de 2016 ás 23:30 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 20 de xuño de 2016 ás 23:30 (UTC)[responder]
- Concordo--Miguelferig (conversa) 25 de xuño de 2016 ás 10:50 (UTC)[responder]
- Concordo. --Isili0n (conversa) 26 de xuño de 2016 ás 13:39 (UTC)[responder]
- Concordo. --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2016 ás 13:35 (UTC)[responder]
- Concordo.--AMPERIO (conversa) 4 de xullo de 2016 ás 18:28 (UTC)[responder]
- Concordo. --Regato das Tres Regueiras (conversa) 16 de xullo de 2016 ás 15:14 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
{{Ortografía}} e 2x {{ligazón morta}} e falta a atribución na conversa ({{traducido de}})☣Banjo tell me 21 de xuño de 2016 ás 14:03 (UTC)[responder]- {{traducido de}} -> Feito! --AMPERIO (conversa) 21 de xuño de 2016 ás 18:41 (UTC)[responder]
- Comentario Usuario:Piquito, poderías escribir isto doutro xeito?: Aínda que algúns nos círculos musicais sabían ou sospeitaban a verdade, o mito de que a súa ausencia da escena concertística era temporal conservárase sóame como que lle falta algo. Ademais concertística non existe en galego. --AMPERIO (conversa) 21 de xuño de 2016 ás 18:37 (UTC)[responder]
- AMPERIO, se poñemos Aínda que algúns nos círculos musicais sabían ou sospeitaban a verdade, o mito de que a súa ausencia da escena concertística era temporal mantívose cres que se entende mellor? Sobre a carreira "concertística"... certamente non sei que palabra pode encaixar ben, na miña opinión é un termo que debería aceptar a RAG... quizais haxa que poñer a súa ausencia da escena musical... pero sinceiramente non o acabo de ver... eu deixaría un termo que non recoñece a RAG e que se emprega no mundo musical (todo o mundo o vai entender) antes que poñer unha frase enrevesada e que sexa tecnicamente correcta ao 100%... De todos xeitos, neste tradutor da Universidade de Vigo traduce "concertístic@" en castelán a "concertístic@" en galego, aínda que non sei se é unha fonte fiable... Un saúdo! Piquito (conversa) 22 de xuño de 2016 ás 23:36 (UTC)[responder]