Vsevolod III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVsevolod III

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1154 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Dmitrov (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de abril de 1212 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Vladimir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaVladimir Editar o valor em Wikidata
Knez Principado de Vladímir-Súzdal
1176 –
Gran Príncipe de Kíiv
febreiro de 1173 (Gregoriano) – 24 de marzo de 1173 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePrincipado de Vladímir-Súzdal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloKnez Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Rurícovich Editar o valor em Wikidata
CónxuxeLyubava Vasilkavna (1207 (Gregoriano)–)
Maria Shvarnovna
FillosConstantino de Rostov (pt) Traducir
 () Maria Shvarnovna (en) Traducir
Vladimir Vsevolodovich (en) Traducir
 () Maria Shvarnovna (en) Traducir
Ivan Vsevolodovich (en) Traducir
 () Maria Shvarnovna (en) Traducir
Sviatoslav IV of Vladimir (en) Traducir
 () Maria Shvarnovna (en) Traducir
Yuri II de Vladimir (pt) Traducir
 () Maria Shvarnovna (en) Traducir
Jaroslau II de Vladimir (pt) Traducir
 () Maria Shvarnovna (en) Traducir
Verhuslava Vsevolodovna (en) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
PaiJorge I da Rússia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRostislav Yuryevich (en) Traducir, Andrei Bogoliubski (pt) Traducir, Gleb of Kiev (en) Traducir e Miguel I de Vladimir (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Vsevolod Iúrievich (en ruso: Все́волод Ю́рьевич e en ucraíno: Всеволод Юрійович), chamado Vsevolod III Vladimirski, Vsevolod (ou Vsévold) III, e máis coñecido como Vsévolov o Gran Niño (en ruso Все́волод III Ю́рьевич Большо́е Гнездо́), nado contra 1154 en Dmitrov e finado o 15 de abril de 1212, foi un príncipe da dinastía Ruríkida que gobernou a Rus de Kíiv en 1173 e o Principado de Vladímir (ou de Vladímir-Súzdal) entre 1177 e a súa morte. Durante o seu reinado o principado acadou o cumio do seu poder.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O nome de pía de Vsévolod era Dmitri, porque dedicara a catedral de Vladímir a San Demetrio, o seu santo patrono.

Fillo de Iuri Dolgoruki[1] e da súa segunda esposa, Helena, unha princesa grega. Á morte de Iuri, o seu sucesor André I, a quen non lle gustaba Helena, a nai de Vsévolod (que era medio irmán de André), logrou que o emperador bizantino Manuel I Comneno acollera a catro dos seus irmáns, condenado así ao exilio a Vsévolod, Miguel, David e Iaropolk a á súa nai.[2]

Vsévolov foi, polo tanto, educado na corte dos comneno. Volveu á Rus' en 1170, despois de facer as paces co seu irmán André 1169 (el e outros príncipes axudaran a André no saqueo da cidade de Kíiv ese mesmo ano). Ao seu regreso, sería arrestado, segundo as crónicas en Tiflis, onde se runiu co rei Xurxo (quizais Xurxo III) e casou cunha princesa de Osetia, María Shvarnóvna (muller moi piadosa que fundou numerosos conventos. en 1173 ocupou brevemente o trono da Rus de Kíiv.

Elixido Gran Príncipe de Kíiv en 1173, sucedendo ao seu irmán Miguel I, preocupouse pouco da cidade e abandonouna, ocupándose en recuperar as terras de Vladímir en contra do usurpador Iaropolk de Vladímir, a quen sucede despois da súa morte como "Gran Príncipe", en 1177 (converteuse no primeiro en levar o título de Gran príncipe de Vladímir, como sinal de ruptura co Gran Principado de Kíiv).

En 1195, recibiu varias cidades do seu primo Rúrik II de Kíiv a cambio de diñeiro e algúns dominios. Entre estas cidades, doou Torchesk ao seu xenro, Rostislav Ruríkovich (era o esposo da súa filla Vseslava), o irmán de Rúrik, o cal desatou unha nova guerra civil entre Rúrik II e Román Mstislávich, Román o Grande, Príncipe de Nóvgorod, Príncipe de Volinia e Príncipe de Galicia.[3] (Este Román o Grande foi o que inaugurou a dinastía Romanov).

Sucedeu ao seu irmán Miguel como soberano de Vladímir-Súzdal, continuando a extensión das terras de Vladímir durante o seu reinado, conseguiu dominar os pobos veciños como os búlgaros do Volga, fundou a cidade de Gleden, así como o seu mosteiro da Trindade, e conseguiu administrar e protexer os Principados veciños. Foi coñecido por ser implacábel cos que se lle resistían ou desobedecían: en 1178 incendiou Volokolamsk e, en 1180 e 1187, castigou aos príncipes de Riazán afastándoos das súas terras; finalmente, en 1207, queimou as cidades de Riazán e Belgorod.

Morreu o 14 de abril de 1212 en Vladímir, e está enterrado na Catedral da Dormición desa cidade.

Familia[editar | editar a fonte]

Unións e descendencia[editar | editar a fonte]

Debe o sobrenome o Gran Niño aos catorce fillos que tivo da súa unión coa princesa María Shvarnovna de Osetia (morta o 19 de marzo de 1206, entre eles:

Despois da morte de María de Osetia, casou en segundas nupcias con Liubov Vasilkovna, filla de Vasilko Briacheslávich (príncipe de Vitebsk), coa cal non tivo fillos.

Antepasados[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Iaroslav o Sabio
 
 
 
 
 
 
 
8. Vsévolod I de Kíiv
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Ingigerd de Suecia
 
 
 
 
 
 
 
4. Vladímir II Monómaco
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Constantino IX
 
 
 
 
 
 
 
9. Anastasia de Bizancio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Pulqueria Skléraina
 
 
 
 
 
 
 
2. Iuri Dolgorouki
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Eufimia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Miguel I Iúrievich
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Helena
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Román I
Gran Príncipe da Rus de Kíiv

Rus de Kíiv
1173

Sucesor:
Rúrik
Predecesor:
Iuri II
Principado de Vladímir-Súzdal
11761212
Sucesor:
Rúrik

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Que fundou a cidade de Dmitrov para conmemorar o lugar de nacemento do seu fillo Vsévolod.
  2. Segundo o historiador ruso Nikolai Karamzín.
  3. Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven and London: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fennell, John (1983): The Crisis of Medieval Russia, 1200–1304. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). Londres: Longman. ISBN 0-582-48150-3.
  • Franklin, Simon & Shepard, Jonathon (1996): The Emergence of Rus, 750–1200. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). Londres: Longman. ISBN 0-582-49091-X.
  • Martin, Janet (1993): Medieval Russia 980–1584. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-36832-4.
  • Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven e Londres: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]