Voy! Voy! Voy!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Voy! Voy! Voy!
Ficha técnica
Título orixinalفوي! فوي! فوي!
DirectorOmar Hilal
ProdutorMohamed Hefzy
GuiónOmar Hilal
IntérpretesMohamed Farrag
Nelly Karim
Bayoumi Fouad
Hanan Youssef
Taha Desouky
FotografíaYves Sehnaoui
MontaxeAhemed Hafez
Estrea2023
Duración100 minutos
OrixeExipto Exipto
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt27721079 Editar o valor em Wikidata

Voy! Voy! Voy! (en árabe: فوي! فوي! فوي!) é un filme exipcio de 2023 dirixido e escrito por Omar Hilal, no seu debut como director, producido por Mohamed Hefzy, e protagonizado por Mohamed Farrag, Nelly Karim, Bayoumi Fouad, Hanan Youssef e Taha Desouky.[1] Foi escollido como candidato de Exipto para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[2] mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Hassan vive unha vida pobre coa súa nai e traballa como garda de seguridade. Un día únese a un equipo de fútbol cego que está a piques de xogar o Mundial en Europa. Nesta viaxe, coñece a moitos personaxes e entra en varias aventuras emocionantes e perigosas.

Acollida[editar | editar a fonte]

O 8 de novembro de 2023, recadou en Arabia Saudita 2,88 millóns de dólares (89 millóns de libras exipcias).[3] En Exipto, acadou ingresos por importe de 30.298.933 libras exipcias (un millón de dólares).[4] Tamén logrou 1.034.707 dólares nos Emiratos Árabes Unidos (33 millóns de libras exipcias).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]