Vitali Sevastianov
Vitali Ivanovich Sevastianov, nado en Krasnouralsk o 8 de xullo de 1935 e finado o 5 de abril de 2010, foi un cosmonauta soviético que participou nas misións Soiuz 9 e Soiuz 18.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
evastianov graduouse no Instituto de Aviación de Moscova en 1959. Traballou como enxeñeiro aeronáutico na oficina de Korolev. Adestrouse para o programa lunar soviético e para pilotar o transbordador espacial Buran. Participou nas misións Soiuz 9 e Soiuz 18, pasando un total de 80,68 días no espazo.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Sevastyanov, Vitali Ivanovich" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 NASA (ed.). "Rockets and People Volume IV: The Moon Race" (PDF) (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vitali Sevastianov |