Villa de Pitanxo
Villa de Pitanxo | |
---|---|
O Villa de Pitanxo no porto de Marín. | |
Historial | |
Estaleiro | MCíes e Estaleiros Montenegro (Vigo) |
Tipo | Arrastreiro |
Operador | Manuel Nores González |
Porto de rexistro | Marín, Galiza |
Asignado | 2004 |
Baixa | 15 de febreiro de 2022 |
Destino | Afundido |
Características xerais | |
Desprazamento | Tonelaxe: 825 t |
Eslora | 50 m |
Manga | 10 m |
Calado | 4 m |
Potencia | 1404 CV |
Velocidade | 10 nós |
Tripulación | 24 persoas |
Capacidade | 24 toneladas diarias de fletán branco |
O Villa de Pitanxo[1] foi un barco arrastreiro galego que afundiu nas costas de Terra Nova e Labrador (Canadá) o 15 de febreiro de 2022. No naufraxio morreron 21 persoas, e só houbo tres superviventes.[2] O Villa de Pitanxo tiña un irmán xemelgo, o Villa Nores.
Afundimento[editar | editar a fonte]
A baliza de emerxencia do barco activouse aproximadamente ás 02:30 horas do 15 de febreiro de 2022.[3] Ao recibir o sinal, o Centro de Coordinación de Rescate Conxunto de Halifax comezou a busca do barco e os posibles superviventes do naufraxio.[4] O arrastreiro Playa Menduiña II foi o primeiro barco en chegar á zona do naufraxio e a súa tripulación rescatou os tres superviventes e cinco cadáveres.[5]
O embaixador español no Canadá, Alfredo Martínez Serrano,[6] coordinou desde Otava a repatriación e asistencia ás familias dos mariñeiros do pesqueiro. O traslado dos únicos tres integrantes vivos do barco e dos cinco mariñeiros falecidos realizouse dende o aeroporto de San Xoán de Terra Nova a Santiago de Compostela.[7] Os outros doce mariñeiros non foron localizados.[8]
Tripulantes[editar | editar a fonte]
A lista de tripulantes facilitada polos armadores é a seguinte:[9] [10]
- Juan Padín Costa, patrón (supervivente).
- Eduardo Rial Padín (supervivente).
- Samuel Kwesi Koufie (supervivente).
- Rogelio Franco Damazo Cueva, axudante de cociña (falecido).
- Miguel Ángel Lumbres Cumpra (falecido).
- Diego Andrés More (falecido).
- Pelungo Zure Apaanah (falecido).
- Ricardo Alfonso Cruz (falecido).
- William Arévalo Pérez (falecido).
- Daniel Fernando More (falecido).
- Fernando Santomé Ferradás, cociñeiro (falecido).
- Juan Antonio Cordero Coro, segundo patrón (falecido).
- Edemon Okutu (falecido).
- Juan Frías (desaparecido).
- Ricardo Arias García (desaparecido).
- Francisco Manuel Navarro, observador de control do IEO (desaparecido).
- Raúl González Santiago, alumno en prácticas (desaparecido).
- Fernando González Martínez (desaparecido).
- Edwin Córdoba (desaparecido).
- Michael (desaparecido).
- Jonathan Calderón (desaparecido).
- Martín Quino (desaparecido).
- Francisco de Pazo Villanueva, xefe de máquinas (desaparecido).
- Pedro Herrera Couso (desaparecido).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Botija, Julio (15 de febreiro de 2022). "Así era el Villa de Pitanxo, el barco gallego que ha naufragado en Canadá". As. Consultado o 16 de decembro de 2023.
- ↑ Graña, Lara (10 de xullo de 2022). "Un taquígrafo en silencio para el “Villa de Pitanxo”". Faro de Vigo (Prensa Ibérica). Consultado o 27 de agosto de 2022.
- ↑ Lois, Julio (18 de marzo de 2022). "Los supervivientes del ‘Villa de Pitanxo’ mantienen versiones encontradas un mes después del naufragio". El País (Grupo PRISA). Consultado o 27 de agosto de 2022.
- ↑ Redacción (16 de febreiro de 2022). "Intensa búsqueda en Canadá y tensa espera en Galicia tras el naufragio del pesquero gallego". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de agosto de 2022.
- ↑ López, Xaquín (5 de outubro de 2023). "¿Qué pasó en el Pitanxo?" (vídeo). RTVE. Consultado o 6 de outubro de 2023.
- ↑ Redacción (2 de xullo de 2022). "Familias de víctimas del Villa de Pitanxo se reunirán con Canadá el día 7 a través de su embajada". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de agosto de 2022.
- ↑ Sánchez-Vallejo, María Antonia (21 de febreiro de 2022). "El avión con los tres supervivientes y cinco víctimas del naufragio del pesquero gallego despega rumbo a España". El País (Grupo PRISA). Consultado o 27 de agosto de 2022.
- ↑ Agencias (29 de xullo de 2022). "Familiares de las víctimas del 'Villa de Pitanxo' piden un barco para ir a Terranova". El Español (El León de El Español Publicaciones). Consultado o 27 de agosto de 2022.
- ↑ Hermida, María (16 de febreiro de 2022). "Los 24 tripulantes del "Villa de Pitanxo"". Atlántico Diario (Rías Baixas Comunicación). Consultado o 27 de agosto de 2022.
- ↑ Redacción (18 de febreiro de 2022). "Los tripulantes del Villa de Pitanxo, uno a uno: desde Raúl, de solo 24 años, a Francisco, en edad de jubilación". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de agosto de 2022.