Vicente Vázquez González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Baiona, España |
Morte | 26 de abril de 1971 Gondomar, España |
Alcalde de Gondomar | |
1947 – 1959 | |
Alcalde de Baiona | |
1929 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de actividade | 1929 - 1959 |
Lingua | Lingua castelá |
Vicente Vázquez González, nado en Baiona e finado en Gondomar o 26 de abril de 1971[1], foi un industrial e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Adicou a maior parte da súa vida ás súas empresas, entre as que destacaron unha ferretería en Baiona e un bar, así como a fábrica de gasosas "Cruz Verde" en Gondomar. Alcalde accidental na ausencia do por aquel entón alcalde José Rodríguez de Vicente, na ditadura de Primo de Rivera, dende outubro de 1929 ata a formación dunha nova corporación en febreiro de 1930, sendo substituído por Julián Revollar[2]. Foi alcalde de Baiona durante a Segunda República e despois de Gondomar no franquismo (1947-1949)[3]. Foi condecorado coa Gran Cruz da Orde de Cisneros.
Predecesor: José Rodríguez de Vicente |
Alcalde de Baiona 1929 - 1930 |
Sucesor: Julián de Revollar Mihura |
Predecesor: Vicente González Cadilla |
Alcalde de Baiona 1932 - 1934 |
Sucesor: Vicente González Cadilla |
Predecesor: ? |
Alcalde de Gondomar 1947 - 1959 |
Sucesor: Ramón Fariña Cobián |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Isabel Rodríguez Ante.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-4-1971, p. 2.
- ↑ Faro de Vigo, 27-2-1930.
- ↑ El Pueblo Gallego, 8-7-1959, p. 8.