Valentín Alfonsín Somoza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 (54/55 anos) Dodro, España |
Alcalde de Dodro | |
2011 – 2019 ← Arturo Díaz – Xabier Castro Tourís → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , empresario |
Lingua | Lingua castelá |
Valentín Alfonsín Somoza, nado en Dodro en 1969, é un político galego de Xente de Dodro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en empresariais, cun máster en mercadotecnia e mais empresario de transportes. Nas eleccións municipais de 2007 foi o candidato do PPdeG á alcaldía de Dodro, pero non logrou a maioría absoluta e gobernou un bipartito constituído polo PSdeG e o BNG co socialista Arturo Díaz á fronte.
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura do PPdeG á alcaldía e foi elixido alcalde con maioría absoluta.[1] Revalidou a alcaldía con maioría absoluta tralas municipais de 2015 e, ata 2017, compaxinou o seu cargo co de xerente da empresa que ten en Dodro. Nas municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, que foi para o socialista Xabier Castro Tourís.
Para as municipais de 2023, foi excluído como candidato pola dirección provincial do partido,[2] polo que encabezou a formación Xente de Dodro.[3]
Predecesor: Arturo Díaz Díaz |
Alcalde de Dodro 2011 - 2019 |
Sucesor: Xabier Castro Tourís |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Valentín Alfonsín promete gobernar para todos os veciños de Dodro". La Voz de Galicia. 12-06-2011. Consultado o 02-05-2023.
- ↑ "Marisol Boga releva a Alfonsín como candidata do PP en Dodro". La Voz de Galica. 26-02-2023. Consultado o 02-05-2023.
- ↑ "A división do PP e o novo partido de Alfonsín achandan o camiño a Xabier Castro en Dodro". La Voz de Galica. 19-05-2023. Consultado o 24-05-2023.