Tyler Kalinoski
Unicaja – No. 4 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 19 de decembro de 1992 (31 anos) Cincinnati, Estados Unidos |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 82 kg (181 lb) |
Posición | Escolta |
Información da carreira | |
Instituto | Olathe East (Olathe, Kansas) |
Universidade | Davidson (2011–2015) |
NBA Draft | 2015 / Rolda: Non drafteado |
Carreira | 2015−presente |
Historial de equipos | |
Élan Chalon (2015–2016) Apollon Patras (2016−2017) Antwerp Giants (2017−2019) Bandırma (2019−2020) Pallacanestro Brescia (2020−2021) Río Breogán (2021–2022) Unicaja (2022−presente) |
Tyler Kalinoski, nado o 19 de decembro de 1992 en Cincinnati, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 1,88 m xoga na posición de escolta. Formado no instituto Olathe East, onde foi nomeado All-American, e na Universidade Davidson, onde foi seleccionado como mellor xogador da Conferencia Atlantic 10, actualmente xoga para o Unicaja da Liga ACB.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Cincinnati, Ohio, Kalinoski formouse como xogador no Instituto Olathe East baixo a dirección do adestrador Jim Super. Alí foi nomeado no primeiro equipo da Sunflower League en 2010 e 2011. Como sénior fixo unha media de 17,1 puntos, 5,8 rebotes, 5,7 asistencias e 2,2 roubos por encontro, liderando ao equipo en todas as categorías estatísticas. Isto serviulle para ser nomeado McDonald's All-American.[1] Após finalizar a súa etapa no instituto, foi recrutado pola Universidade Davidson para xogar nos Wildcats. No seu ano freshman fixo unha media de 4,7 puntos, 2,2 rebotes e 1,2 asistencias in 17,4 minutos de xogo por encontro. No seu segundo ano mellorou as súas estatísticas a 7,6 puntos, 2,8 rebotes e 1,6 asistencias in 22,6 minutos de xogo, conseguindo dobres figuras en trece ocasións.[2] Na temporada 2014−15, como sénior, liderou ao equipo a conseguir un rexistro de 23-6 na Atlantic 10, conseguindo 16,9 puntos e 5,7 rebotes por partido, sendo nomeado mellor xogador da conferencia.
Após non ser seleccionado no Draft da NBA, xogou na liga de verán para os Miami Heat. Cando finalizou o torneo, tando o equipo de Miami como os Charlotte Hornets amosaron interese na súa contratación como xogador de rotación, tendo que pasar a maior parte da temporada na NBA D-League. Ao non estar de acordo coas condicións ofrecidas, Kalinoski decidiou mudar de continente e asinar co Élan Chalon da LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto francés, e da FIBA Europe Cup. Tras finalizar a camapaña no equipo galo, asinou co Apollon Patras da A1 Ethniki grega, onde conseguiu 10,8 puntos e 4,9 rebotes por encontro na máxima categoría do país heleno. As dúas seguintes temporadas xogou para os Antwerp Giants da Pro Basketball League e a Basketball Champions League. Tras un paso polo baloncesto turco co Bandırma e italiano co Pallacanestro Brescia, o 20 de xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Río Breogán da Liga ACB.[3] No club lucense fixo unha media de 11,3 puntos e 3,3 rebotes por partido,[4] axudando ao equipo a disputar a Copa do Rei e a disputar a fase previa da Basketball Champions League. Ao finalizar a temporada, anúnciase a súa fichaxe polo Unicaja.
Clubs[editar | editar a fonte]
Ao longo da súa carreira, Kalinoski ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[5]
- Élan Chalon (LNB Pro A / FIBA Europe Cup, 2015–2016)
- Apollon Patras (GBL, 2016−2017)
- Antwerp Giants (PBL / BCL, 2017−2019)
- Bandırma (BSL / BCL, 2020)
- Pallacanestro Brescia (LBA / Eurocup, 2020–2021)
- CB Breogán (ACB, 2021−2022)
- Unicaja (ACB, 2022−presente)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Tyler Kalinoski - Men's Basketball". Davidson Wildcats (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2021.
- ↑ "Tyler Kalinoski College Stats". Sports Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2021. Consultado o 30 de xullo de 2021.
- ↑ "Tyler Kalinoski, escolta tirador para o Río Breogán". CB Breogán. 30 de xullo de 2021. Consultado o 30 de xullo de 2021.
- ↑ "Tyler Kalinoski". acb.com (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ "Tyler Kalinoski, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1995
- Nados en Cincinnati, Ohio
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores do Élan Chalon
- Xogadores do Apollon Patras
- Xogadores do Antwerp Giants
- Xogadores do Bandırma BİK
- Xogadores do Pallacanestro Brescia
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Xogadores do CB Málaga