Tomás Notario Vacas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1926 (97 anos) Córdoba, Arxentina |
Procurador en Cortes | |
4 de abril de 1976 – 30 de xuño de 1977 ← Víctor Manuel Basanta Varela Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , enxeñeiro de camiños |
Lingua | Lingua castelá |
Tomás Notario Vacas, nado en Córdoba (Arxentina) o 22 de agosto de 1926, é un enxeñeiro de camiños, funcionario e político galego de tendencia conservadora que foi alcalde de Lugo en dúas ocasións.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Os pais eran dunha aldea de Salamanca, pero emigraran primeiro ao Brasil e logo á Arxentina[1], onde naceu Tomás Notario. En 1933 regresan á aldea e aos once anos, xa durante a guerra, comezou o bacharelato na cidade de Salamanca. Estudou enxeñería de Camiños, Canles e Portos en Madrid, onde se doutorou, e comezou a traballar no Instituto Nacional de Industria (INI)[1].
Foi destinado inicialmente a Pontevedra, onde comezou as obras da fábrica de celulosa, e despois a Lugo[1]. Desempeñou distintos postos na Administración do Estado entre os anos 1957 e 1991, e no corpo de funcionarios chegou a ser inspector xefe de servizos. Dirixiu diversas obras hidráulicas e de estradas en lugares de Galicia e de España, como a ponte das Saamasas[1] sobre o río Miño que cruza a estrada de Santiago ao paso pola cidade de Lugo.
O seu primeiro contacto coa política foi nunha candidatura a deputado provincial[1], nos anos setenta, pero non foi elixido. Nos últimos meses do franquismo, en 1975, foi proposto para alcalde de Lugo polo gobernador provincial José Antonio Barrera Maseda, mais despois de figurar na terna non resultou escollido tampouco. En 1976 os concelleiros elixírono alcalde de Lugo, en oposición da candidatura do alcalde titular Basanta Varela, e ocupou a alcaldía de febreiro de 1976 a outubro de 1977. En paralelo, desempeñou o cargo de procurador en Cortes en representación dos municipios de Lugo entre marzo de 1976 e xuño de 1977. En outubro de 1977, ao ser nomeado inspector xefe de servizos, renunciou á alcaldía por incompatibilidade[1] e porque pensaba[1] que non sería reelixido para encabezar a candidatura da UCD, partido en que militaba, xa que el era do sector máis conservador de José María de Areílza e a á máis centrista xa pensara en Antonio Rosón para o cargo (finalmente foi Xosé Novo o escollido para liderar a candidatura).
Nas eleccións municipais de 1991, xa xubilado como funcionario, encabezou a candidatura do Partido Popular de Galicia e foi elixido alcalde de Lugo, de xuño de 1991 a xuño de 1995. Baixo o seu mandato derrubouse o Gran Teatro de Lugo, en 1992[2].
Predecesor: Víctor Basanta Varela |
Alcalde de Lugo 1976 - 1977 |
Sucesor: Jesús Ibáñez Méndez |
Predecesor: Vicente Quiroga |
Alcalde de Lugo 1991 - 1995 |
Sucesor: Joaquín María García Díez |
En 2021 impulsou a Fundación Notario Vacas - Caixa Rural para axudar economicamente estudantes da provincia de Lugo.
Distincións[editar | editar a fonte]
En 2010 recibiu a Medalla ao mérito no traballo.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 García Calvo, Lorena (2021-10-31). "Tomás Notario Vacas: «¡En mi primer mandato salí alcalde de Lugo por viejo!»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-11-01.
- ↑ "El Gran Teatro cumpliría 80 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-05-24. Consultado o 2020-05-25.
- ↑ Nova na páxina web do Goberno de España (en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha como Procurador en CortesArquivado 24 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.
- Entrevista a Notario Vacas en El Progreso o 14 de decembro de 2009. (en castelán)